As obras do vial entre Arcos e Penadauga, a punto de rematar

Silleda, 2 de outubro  de 2017.  As obras de mellora e renovación da capa da rodadura da pista de Arcos, en Graba, unha das actuacións máis agardadas polos veciños e veciñas desta zona están xa a piques de rematar.

A actuación, cun orzamento de 108.100,87 euros, consiste na dotación de aglomerado en quente a tres ramais desta pista, moi transitada e que acusaba un notable deterioro nos últimos anos.

Esta actuación, con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, inclue un total de tres  tramos. Así arránxanse o ramal entre  Penadauga e Arcos, Eirexe-Arcos e dende este lugar á estrada provincial.  Os tres tramos suman máis de 2,6 kilómetros.

O alcalde, Manuel Cuiña, destaca o esforzó inversor do Concello de Silleda na mellora de infraestruturas viarias ao longo deste exercicio, xunto con outras actuacións.

Esta é xunto coa pista de Outeiro e Lis, en Moalde, e outras melloras no rural que se están acometendo unha das inversions para mellorar a rede de pistas municipais.