Comezan as obras de mellora e dotación de iluminación o Parque Municipal das Pedrosas

Silleda, 21 de agosto de 2017.  Hoxe deron comenzó as obras do proxecto para a mellora integral do Parque Municipal das Pedrosas, un espazo natural e de lecer no entorno do casco urbano cada vez máis utilizado por veciños e veciñas.

A inversión ascende a 199.000 euros. Esta é unha das actuacións principais que se incluiron este ano por parte do goberno local no apartado de inversións dos orzamentos municipais, a través da cantidade que lle corresponde do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.

A actuación foi adxudicada hai varias semanas á empresa Miguez Xestoso que hoxe procedeu a iniciar os traballos. As obras inícianse coa reconstrucción do peche perimetral de piedra deste espazo, que estaba caído ou danado nalgúns puntos.

Esta actuación, xunto con outras melloras como a creación de sendeiros interiores súmase á gran movida del das obras: a dotación de luminarias.

 A iluminación deste entorno natural realizarase mediante sistema LED, polo que vén apostando nos últimos anos o Concello de Silleda, coa colocación de balizas.

Neste recinto ubícanse ademais un parque infantil, un parque biosaudable, outras instalacións xuvenís (con tirolina e outros aparellos) e unha cancha deportiva. “Trátase dun espazo natural e de ocio moi usado polos silledenses. Coa dotación de iluminación ampliaremos as posibilidades de uso deste parque municipal, xa que moitas das persoas que habitualmente pasean pola zona terán a oportunidade de facelo tamén pola noite”, explica o alcalde.

A mellora integral do Parque Municipal das Pedrosas é unha das obras máis destacadas para este ano por parte do goberno municipal, que xa aprobou nas últimas semanas outros proxectos que se materializarán con cargo ao orzamento municipal de 2017.