Concedida a subvención para instalar un parque solar fotovoltáico no parque empresarial Área 33

Silleda, 17 de agosto de 2013. O Concello de Silleda vén de recibir a confirmación, por parte da Xunta de Galicia, da concesión da axuda solicitada para instalar un parque solar fotovoltáico no parque empresarial Área 33. Esta subvención enmárcase dentro da liña de  axudas para a habilitación e mellora de infraestructuras nos parques empresariais de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder).

A contía concedida sitúase en 95.000 euros, o 80% do custe do proxecto, tal e como se solicitou no seu día. Para realizar estas melloras  plantexase unha actuación integral de eficiencia enerxética no alumeado público do polígono, coa instalación dunha planta de xeración fotovoltáica que alimentaría o parque empresarial e que ao mesmo tempo modernizaría o sistema enerxético da zona, onde se veñen rexistrando determinadas carencias.

O proxecto, aprobado hai varios meses  en xunta de goberno local a proposta do concelleiro de Obras e Servizos, Manuel Cuíña,  contempla un sistema centralizado para xerar a enerxía que precisa o alumeado exterior de todo o polígono coa instalación de paneis solares fotovoltáicos, que xunto con outros equipamentos (acumuladores, inversores…) surtan da enerxía necesaria a rede de alumeado. Deste xeito, tamén se reduce a dependencia enerxética do Concello e se contribúe a unha maior eficencia no gasto.

Segundo figura na memoria do proxecto, a combinación da xeración fotovoltáica cun sistema que regule a potencia consumida permitirá a reducción da dependencia do alumeado no polígono das redes convencionais en máis dun 85%.  O orzamento total do proxecto ascende a 119.433 euros.

“Con esta iniciativa non só se busca dar solución aos problemas de subministro eléctrico, senon tamén mellorar en eficiencia enerxética e nos índices de aforro, continuando coa filosofía iniciada por este departamento municipal”, sinala o alcalde e  concelleiro de Obras Manuel Cuíña Fernández. O proxecto, que suporá a independencia enerxética do polígono empresarial silledense permitiría incluso nun futuro a posibilidade de que o Concello se convirta en operador enerxético, vendendo a enerxía eléctrica que se produza a través do parque solar.