En marcha as obras para completar toda a urbanización da rúa Agro do Balo da Bandeira

Silleda, 7 de agosto de 2013. O Concello de Silleda iniciou hoxe as obras para rematar a construcción de aceras en todo o tramo da rúa Agro do Balo da Bandeira . Con estos traballos rematarase, por fin, a urbanización de todo o tramo.

En concreto, os metros que faltaban corresponden ás inmediacións da vivenda onde se derrubou o ano pasado parte da construcción, que invadía a calzada. A finais do pasado ano, logo dun acordo entre o goberno municipal e a familia propietaria.

Co derrubamento da casa, hoxe xa totalmente restauradada, e unha vez que conclúan estas obras, a calzada de Agro do Balo queda totalmente liberada e adecentada, e co mesmo tamaño nas beirarrúas de ambas marxes, “algo que sen dúbida contribuirá a mellorar a imaxe nesta zona da Bandeira”, engade Klaus Brey, que hoxe visitou os traballos.

As obras, cunha inversión de case 358.000 euros foron acometidas cunha axuda autonómica no ano 2009. Esta travesía, logo das obras realizadas conta con todas as infraestruturas necesarias, tanto de abastecemento como de saneamento de auga, iluminación, canalización de rede de gas, e telefonía, así como zona de aparcamento e diverso mobiliario urbano.