Instalados colectores de papel e cartón nos centros de ensino de Silleda

Silleda, 8 de xuño de 2013. A empresa Secope S.A, encargada da recollida selectiva no municipio de Silleda, vén de instalar nos centros de ensino colectores para reciclaxe de papel-cartón. Foron instalados dentro dos recintos do CEIP de Silleda e do IES Pintor Colmeiro.

No caso do Colexio María Inmaculada, o colector foi recolocado na rúa María Colmeiro (por problemas de espazo non se pudo colocar no recinto escolar) pero máis preto do resto de colectores. Con esta medida tamén se gaña espazo para aparcar na rúa, unha proposta que formulou no seu día a Anpa do centro.

No CEIP da Bandeira xa viñan contando con este colector no seu recinto, onde Secope fai a recollida todos os venres. Agora os outros tres centros súmanse ao percorrido da recollida porta a porta.

Este servizo, posto en marcha pola Concellería de Medio Ambiente, tamén é gratuito para comercios e empresas.

“Coa instalación de colectores nos centros conseguirase mellorar a reciclaxe de papel e cartón”, dí o concelleiro Antonio Couso, que lembra que esta iniciativa xurdiu a raíz do certame escolar Reciclaula, “e ven a continuar co espírito de inculcar á poboación escolar boas práticas ambientais”, engade.

Material didáctico e pilas

Do mesmo xeito, tamén se colocarán nos 4 centros citados colectores para a recollida de pilas.

Ademais, dende a Concellería tamén se distribuirá entre o alumnado material  didáctico para explicarlles o significado das acción de reciclaxe que van a emprender.