O Concello de Silleda abonará este mes á plantilla municipal o 26,23% da paga extra de Nadal suprimida en 2012

Silleda, 21 de outubro de 2015. A Xunta de Goberno Local de Silleda acordou  na súa última sesión o pago á plantilla municipal de traballadores do 26,23% da paga extra do segundo trimestre do 2012, en aplicación do Real Decreto Lei 10/2015.

Este acordo foi adoptado á vista tamén da situación económico financieira municipal, logo de contar co informe favorable de Intervención.

Esta cantidade, que supón un montante total de 21.100 euros, abonarase xunto coas nóminas deste mes.

O alcalde e responsable municipal de Facenda, Manuel Cuiña, explica que o traballo realizado nos últimos anos no tocante á xestión económica “permite agora dar cumprimento a este novo Real Decreto, para continuar reintegrando aos traballadores municipais a paga que se suprimiu no Nadal do ano 2012”.

Así mesmo, o alcalde lembra que xa en febrero de 2014 o goberno municipal acatou a sentenza que fixaba a devolución de parte da citada paga extra, logo da demanda interposta polos sindicatos contra o decreto 20/2012, polo que o goberno Central eliminou a paga aos traballadores públicos.

Dende o Concello de Silleda tratáronse de buscar fórmulas para paliar naquel momento a supresión da paga, “unha solución parcial e desacertada de Rajoy no marco da súa política de recortes que deixou a milleiros de traballadores deste país sen liquidez nunha data tan sinalada coma o Nadal”, engade o alcalde. Así, no seu momento acordouse cos traballadores unha salída para paliar os efectos da supresión, ofrecendo aos empregados municipais que o solicitaron adiantar un devengo parcial das extras de 2013.