O entorno da praza da Igrexa conta xa con iluminación

Silleda, 29 de maio de 2017.  Hoxe estrenouse en Silleda a iluminación no entorno da praza da Igrexa, logo da instalación de varias farolas e tiras de LED. Con esta dotación, dende o Concello de Silleda vén a completarse o traballo de mellora do entorno realizado polo Obradoiro de Emprego Semente de Pedra 2016 que será clausurado na xornada de mañá martes.

Dende o Concello o alcalde, Manuel Cuiña, lembra que se apostou por mellorar este céntrico emprazamento e que se continuarán as accións coa dotación de mobiliario urbano e bancos, entre outros, a través da Deputación de Pontevedra.

“Seguiremos mellorando e humanizando esta zona, un espazo público de tránsito peonil, no que xa se eliminaron barreiras arquitectónicas e se procedeu a dotar de iluminación, entre outros”, explica o alcalde.

O proxecto rematouse coa fonte ornamental na que están representadas as 33 parroquias silledenses.

Visita ás obras e entrega de diplomas

Estas obras serán unhas da que se visiten mañá durante os actos de clausura do Obradoiro Semente de Pedra. Os actos iniciaránse ás 12:00 coa recepción no Concello a Ignacio Rial, xefe territorial de Economía e Industria. A continuación visitarase a parcela da residencia e centro de día e as obras do entorno da praza da Igrexa (onde haberá descubrimento dunha placa conmemorativa), para rematar no Salón de Plenos onde terán lugar as intervencións e a entrega de diplomas aos alumnos/as-traballadores/as que participaron nesta iniciativa dende o pasado mes de novembro.