Realizadas obras de reafirmado na estrada de Portodabalde, en Parada

 

Silleda, 14 de marzo de 2013. Na xornada de hoxe realizáronse obras de mellora na estrada de Portodeabalde, na parroquia de Parada. Dende a Concellería de Obras e Servizos, o seu titular, Manuel Cuíña, explica que se acometeron por parte da empresa adxudicataria traballos de reafirmado neste punto, onde os graves afundimentos do asfalto apremian obras de reposición.

Cuíña explica que se decidiu realizar esta actuación “ante a imposibilidade de iniciar os traballos previstos, e incluídos no Plan de Investimentos da Deputación, polo elevado caudal do río Refoxos ao seu paso por esta localidade”.

A Deputación adxudicou no mes de decembro á empresa Pena Caramés os traballos de reparación do vial, á altura da ponte sobre o río. Dende entón os traballos foron retrasándose por esixencias da dirección técnica.

As obras foron incluídas pola Concellería de Obras e Servizos no Plan de Investimentos (PID), por importe de 34.001 euros, advertindo da urxente necesidade da reparación deste vial, no que o goberno local xa restrinxiu dende agosto o tránsito de vehículos pesados.