Silleda, primeiro concello que asina un convenio coa Fundación Banco Farmacéutico de Galicia, para confinanciar tratamentos da xente que o precise

Silleda, 6 de marzo de 2019.  O Concello de Silleda convertirase no primeiro municipio en asinar un convenio coa Fundación Banco Farmacéutico de Galicia, unha entidade que naceu co obxectivo de dar resposta ás necesidades actuáis de acceso aos medicamentos e tratamentos de persoas que non poden facerse cargo do copago. O Banco Farmacéutico de Galicia conta ademais con outros ámbitos de actuación coma o financiamento de audífonos, tratamentos médicos denenos e nenas con distintas discapacidades e enfermedades raras, ou o apoio á investigación contra o cancro, principalmente no estudo da biopsia líquida por parte de Oncomet.

A concelleira de Benestar Social, Pili Peón e a Educadora Social do Concello de Silleda, Sara Blanco, mantiveron hoxe un encontro cos viceprsidentes desta entidade, os silledenses Miguel Villar (presidente de Amigos de Galicia) e ao farmacéutico Alfredo Garrido, así coma co seu director Jesús Busto, para establecer a futura colaboración proposta por esta fundación.

Segundo o convenio, que está previsto asinar o vindeiro 14 de marzo coa presidenta do Banco Farmacéutico de Galicia, Noelia Romero, a fundación e o Concello de Silleda faránse cargo –ao 50%- do pago dos medicamentos dos veciños e veciñas de Silleda que non poidan facer fronte ao abono destes por cuestións económicas, sempre previo informe dos Servizos Sociais municipais. A financiación de certos tratamentos ou a adquisión de audífonos, próteses ou outros elementos ortopédicos necesarios, serán algúns dos recursos financiables a través deste convenio.

Con esta actuación, o Concello de Silleda segue avanzando na procura da mellora dos servizos ás familias con menos recursos e tamén en ofrecer mellores prestacións aos veciños e veciñas de Silleda.