Veciños e veciñas de Silleda coñecen a compostaxe doméstica nas instalacións de Sogama

Silleda, 30 de xuño de 2015. Hoxe tivo lugar a vista ás instalacións de Sogama organizada dende a Concellería de Medio Ambiente de Silleda para coñecer, ademais do funcionamento da planta de tratamento de residuos, outras técnicas como a compostaxe doméstica, que se implantará no municipio.

O grupo estivo formado por un total de 25 persoas de distintas asociacións veciñais e parroquiais, que se desplazaron esta mañá en autobús ata Cerceda.

O grupo asistiu a dúas sesións, unha sobre a visita e o proceso de separación dos residuos e outra sobre a compostaxe doméstica.

“Esta visita enmárcase tamén no programa que imos a implantar con esta técnica, para a que xa temos o compromiso de envío de 50 composteiros, así como a celebración de xornadas formativas por parte de Sogama”, explica o concelleiro Luis Rodríguez.

Unidade Móbil nas Festas de Verán de Silleda

Por outra banda, e dentro tamén dos acordos coa entidade, o vindeiro domingo 12 de xullo, no marco das Festas de Verán de Silleda, unha unidade móbil de Sogama visitará Silleda co programa de difusión Separemos ben, reciclemos mellor, para concienciar á poboación da necesidade e dos beneficios da separación de residuos.