Servizo de Recollida de RSU

O Concello de Silleda vén mellorando nos últimos anos o Servizo de Recollida de Lixo. O aumento na frecuencia da recollida, a implantación da recollida selectiva (para envases lixeiros) no rural, o lavado de colectores, a ampliación da flota de vehículos ou o servizo de recollida de papel-cartón porta a porta, que se realiza todos os venres para empresas e comercios, son algunhas das melloras incorporadas nos últimos anos, acompañadas de distintas campañas informativas e de sensibilización entre a poboación.

Novo servizo: Recollida de mobles, enseres e voluminosos.

O Concello de Silleda, co ánimo de mellorar a xestións de residuos, contribuir ao coidado do medio ambiente e ofrecer novos e mellores servizos á veciñanza , pon en marcha a RECOLLIDA DE MOBLES, ENSERES E VOLUMINOSOS A DOMICILIO, un servizo GRATUITO para a cidadanía.

                                    

QUÉ se recolle: mobles, enseres domésticos e obxectos voluminosos, e madeiras, que se reciclarán no Punto Limpo

NON  se recollen : cascallos, residuos de construción, uralitas, rodas, residuos perigosos, industriais e en xeral, calquera residuo que non teña a consideración de sólido urbano de orixe doméstica.

CÓMO FUNCIONA: Ponse a disposición do cidadán un servizo de recepción de avisos no teléfono gratuíto 900 720 190, os usuarios deste servizo recibirán as instrucións precisas en canto a horarios, data, lugar de depósito, obxectos admitidos e non admitidos, etc.

Os usuarios, tras recibir a información oportuna, depositarán os aveños voluminosos á hora, data e lugar acordados. Á súa vez, as persoas usuarias deberán informar sobre o tipo de mobles ou enseres  que van depositar e o nome e teléfono do cidadán que vai facer uso do servizo.