Silleda contará cun Centro de Información e Asesoramento sobre Alzhéimer e destinará máis de 18.000 euros ao programa de atención en 2016

Silleda, 11 de decembro de 2015. O Concello de Silleda ampliará o vindeiro ano o Programa de Atención Integral para persoas aqueixadas de Alzhéimer e outras demencias e as súas familias. Logo do seu inicio o pasado mes de marzo, en 2016 a atención amplíase coa creación dun Centro de Información e Asesoramento que estará a disposición dos usuarios durante todo o ano.

“Dende o goberno municipal de Silleda queremos dar un paso máis no apoio aos enfermos e familiares, cunha iniciativa que deixa clara a nosa aposta polas políticas sociais”, explica o alcalde, Manuel Cuiña.

Así, dos 4.000 euros aportados polas arcas municipais neste ano 2015, o orzamento na loita contra o Alzhéimer, pasará case a quintuplicarse, cunha inversión de 18.835 euros.

Esta aportación municipal supón eliminar o copago dos usuarios, que ata agora asumían unha parte do custe dos obradoiros, unha das actividades do programa. “Queremos facer a nosa aportación na eliminación dun copago inxusto, que aínda se mantén noutros ámbitos da atención sanitaria, cun esforzo económico que estamos seguros merece a pena”, indica o alcalde explicando que o Concello asumirá todos os gastos derivados deste programa.

O programa levase a cabo coa Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras demencias da provincia de Pontevedra (AFAPO), coa sinatura dun convenio que está previsto ratificar na próxima sesión da Xunta de Goberno Local que se celebrará o vindeiro martes.

Atención especializada

O Centro de Información e Asesoramento é unha das incorporacións do programa. Situarase no edificio do Centro Social de Silleda, onde se concentra o departamento municipal de Benestar Social. Alí, personal cualificado de AFAPO atenderá unha vez ao mes durante 4 horas a usuarios e familias, para resolver calquera tipo de dúbida ou problemática.

“Estarán a disposición do público para resolver calquera cuestión relacionada con trámites administrativos, xurídicos, ou sociais relacionadas con esta enfermidade”, sinala a concelleira de Benestar Social, Pili Peón, que asistiu xunto con Cuiña ao encontro co presidente de AFAPO, José Manuel Fontenla, no que se pechou o acordo para desenvolver o programa.

En tres fases

Ademais do Centro de Información e Asesoramento, que estará aberto todo o ano –agás no mes de agosto-o programa de intervención integral para persoas con Alzheimer e familias coidadoras desenvolverase en tres fases. A primeira delas está dirixida ás familias, con actuacións tanto para o apoio básico nas función de coidador/a como na formación para evitar un desempeño inadecuado de dito rol. Así celebrarase un curso para familias coidadoras –no que poderán participar ata 25 persoas- cun enfoque formativo no que se abordarán cuestións como as causas da demencia, o envellecemento normal, qué é a enfermidade de Alzheimer, síntomas iniciais frecuentes e característicos desta enfermidade, ou a súa evolución, entre outros.

As outras dúas fases seguintes centraranse na intervención con persoas enfermas de Alzheimer e/ou demencia e consistirán na execución de diferentes obradoiros de intervención terapéutica, así como a evaluación posterior do proxecto.

Os obradoiros –que seguen a desenvolverse dende o pasado mes de marzo en Silleda todos os martes e xoves-, continuarán con actividades cognitivas, funcionais, motrices e socializadoras.

Así, haberá tres obradoiros para os enfermos: un de estimulación cognitiva, con actividades para activar e manter as capacidades mentais de forma integral; outro de terapia ocupacional, para estimular a realización de actividades da vida diaria, traballando as capacidades sensoriais, perceptivas, cognitivas e motrices; e outro de psicomotricidade, para favorecer o dominio do propio corpor e manter o máximo tempo posible as funcións que aínda se conservan. O máximo será de 14 usuarios para cada grupo.

Obxectivos

Dende AFAPO explícase que entre os obxectivos deste programa de intervención integral figuran axudar ás familias a comprender a importancia no coidado dos enfermos e previr situaciónns de desgaste físico e/ou emocional, que poidan derivar en estrés crónico, e tamén ralentizar na medida do posible o deterioro cognitivo, pérdida de memoria, de mobilidade e función motoras que presentas as persoas con demencias.

A mellora da calidade de vida , tanto das familias como dos enfermos é o reto específico desta actuación.

Uns 200 veciños/as  afectados en Silleda

Segundo os datos da Afapo, a día de hoxe no municipio de Silleda hai algo máis de 100 veciños e veciñas que están diagnósticados xa con algún tipo de demencia por parte dos médicos de cabeceira. “Tendo en conta estas cifras, calculamos que hai outros 80 afectados aínda sen diagnosticar, ou que ben estando empezando a acusar os primeiros síntomas da enfermidade”, indica Fontenla.

Cuiña reitera que estes datos “xustifican sobradamente que en Silleda se activen programas como este para axudar a mellorar a calidade da vida tanto das persoas enfermas como dos seus familiares”, e lembra que o programa do vindeiro ano “supón dar un paso moi importante na atención a este sector da poboación”.

“Este programa é unha das variantes que demostran a nosa aposta polas políticas sociais, cunha inversión histórica en Silleda, que se completarán con outras dotacións en Benestar Social e Igualdade e culminarán coa ansiada obra do Centro de Día Residencial”, apunta o alcalde.