Silleda, 15 de setembro de 2016. A Escola de Música Municipal da Bandeira presentou onte o novo curso 2016-2017, que comezará a vindeira semana. A directiva da escola explicou aos usuarios e pais/nais do alumnado as distintas especialidades que se impartirán así coma as novidades para esta edición.
Así, o centro incorpora ao seu programa clases de “Música e Movemento”, que se impartirán no CEIP Ramón de Valenzuela da Bandeira. Cristina Collazo será a encargada de impartir esta nova asignatura, para nenos e nenas de 3 a 5 anos. Dende o centro aclárase que esta asignatura está aberta a todo o público, sen necesidade de que os alumnos/as estén matriculados no CEIP. Esta asignatura impártese no CEIP por comodidade do alumnado, para non ter que desplazarse ata o auditorio, sede da Escola de Música da Bandeira.
O plan de estudos, a partir dos 6 anos, conta con 5 niveis iniciais para pasar despois as clases de perfeccionamento e preparar mesmo aos alumnos nas probas de acceso ao conservatorio. A escola imparte distitnas especialidades en vento-madeira; vento-metal; percusión e tamén piano, ademais das asignaturas común.
A partir dos 6 anos, poden achegarse ao Auditorio da Bandeira a coller instrumento e comezar co plan de Estudos da Escola de Música.
O alumnado participa tamén de clases de conxunto en pequenos combos, podendo pasar xa a formar parte da Banda Xuvenil-o conxunto grande da escola- cando se accede ao segundo nivel
Entre as actividades que desenvolverán ao longo do ano están os tradicionais festivais (antroido, fin de curso…) así coma as colaboracións iniciadas xa o pasado ano cos grupos de teatro infantil de Silleda e da Bandeira, e participación da banda nos certames teatrais destas dúas localidades.
Como novidade, organizarase unha mostra didáctica para os centros educativos do municipio e arredores a través dun conto musicado que interpretará a Banda Xuvenil da Bandeira coa colaboración de Cristina Collazo, para que os máis novos coñezan de primeira man o que é unha banda de música e as familias dos instrumentos. Estas sesións didácticas prepararánse como actividade pedagóxica nas aulas do centro.
Tamén está previsto celebrar un encontro entre Bandas Xuvenís, no que o alumnado interacturá con outras bandas e alumnos coa paixón pola música como nexo común.
O centro tamén recupera neste curso a aula de Múisca Moderna, para prácticar entre outros a arte da improvisación e comezar a experimentar músicas achegadas ao jazz.
A matrícula no centro, que o pasado ano contou cuns 50 alumnos/as, continuará aberta durante o mes de setembro. As persoas interesadas poden achegarse ao Auditorio Municipal Manuel Dopazo ou ben chamar ao número de teléfono 606 956 658.
Na presentación do curso participaron ademais do director da Escola e da Banda Recreativa e Cultural, Jose Lodeiro, o xefe de Estudos, Manuel Payno, e a secretaria Beatriz Rodríguez, Antonio Castro,Juan Ramiro (presidente da Asociación da Banda) e os profesores Cristina Collazo, Cristina Taboada e Diego Cuiña.