Silleda, 1 de decembro de 2016. Mañá venres chegará ao municipio trasdezán a delegación da localidade francesa de Caneján, ca que se irmandará Silleda. Está previsto que o grupo, encabezado polo seu alcalde, Bernard Garrigou, chegue a Silleda ás 18:00 horas.
“Trataremos de ser grandes anfitrións, igual que eles o foron con nós cando realizamos a nosa visita en setembro”, indica o alcalde, Manuel Cuiña, sinalando que “o gran obxectivo desta visita é dar a coñecer o noso municipio, amosar aos representantes de Canéjan o que é Silleda”, engade.
O grupo estará ata o domingo “polo que teremos unha apretada axenda na que tratamos de condensar o máis relevante, aínda que foi complicado condesar todo no cronograma”, advirte o rexedor silledense.
Así, mañá logo dunha breve recepción e benvida na Casa Consistorial, a delegación francesa asistirá aos actos de clausura da Semana Cultural de Vista Alegre. A continuación, visitarán as instalacións da Escola de Música de Silleda, onde tamén se celebrará unha recepción e se celebrarán actuacións por parte da banda e o alumnado do centro.
O sábado día 3 a axenda comezará no recinto Feira Internacional de Galicia. O director xeral da Fundación Semana Verde guiará ao grupo polo recinto.
O percorrido continuará coa visita aos dous emblemas turísticos e patrimoniais do municipio: o mosteiro de Carboeiro e a Fervenza do Toxa, en Pazos.
Xa pola tarde, a axenda prevista seguirá cunha visita ao Monte San Sebastián, un dos miradoiros da comarca, e na parroquia de Escuadro. Alí, ademais de achegarse ata a Fervenza de Férveda e o Centro de Interpretación da Natureza, o grupo visitará unha explotación gandeira.
Por último, a xornada do sábado rematará coa asistencia ao Concerto de Santa Cecilia, no auditorio municipal Manuel Dopazo, no que actuarán todos os grupos da Bandeira.
Xa o domingo, o grupo coñecerá tamén a Queixería Cortes de Muar, na parroquia de Negreiros. A visita rematará co acto de sinatura do xuramento de irmandamento, o domingo ás 11:00 horas no Salón de Plenos do consistorio. Toda a Corporación foi convidada a participar neste acto que suporá o paso previo á sinatura do irmandamento.
“A nosa cultura, os nosos grupos, o noso patrimonio, paisaxe, o sector gandeiro, os nosos produtores… pensamos que se trata dunha axenda que compendia a esencia do noso municipio para este primeiro achegamento con Canéjan”, explica Cuiña.
Bernard Garrigou, alcalde deste municipio situado moi preto de Bourdeaux, encabeza o grupo no que figuran, entre outros, os concelleiros Philippe Loquay e Arore Bouter, e os mémbros do comité de Irmandamento de Canéjan, coma a súa presidenta, Danielle Antoniazzi, Florence Salaun e Jean Duviella.
Cuiña sinala que o futuro irmandamento con esta localidade francesa “pode ser moi proveitoso para dinamizar o noso municipio, tendo en conta tamén a ampla experiencia de Canéjan nas relacións de irmandamento, con proxectos de intercambio anuais dende hai máis dunha década”, engade.
A día de hoxe Canéjan, que está irmandado dende 2003 cunha población italiana preto de Roma, tamén está a preparar outro irmandamento con Nagykovácsi, en Hungría.
Estes actos de irmandamento e intercambios, “dos que se poderán beneficiar os veciños e veciñas de Silleda”, concorrerán ao programa Europa con los ciudadados
O obxectivo destas acción é crear liñas de colaboración en distintos frentes, para concorrer a axudas europeas, e afianzar as relación baseándose en distintos aspectos comúns.
Así, ademais do peso da actividade agraria nas economías locais de ambos municipios, Silleda e Canéjan comparten o seu marcado carácter rural, un importante patrimonio natural e cultural, ou a vertebración xeográfica entorno a un río (río Deza e L’Eau Borde).
A delegación de Canéjan chega mañá á tarde a Silleda para coñecer o municipio
-A axenda incluirá visitas a instalacións municipais, actividades culturais, enclaves turísticos e patrimoniais e industrias, entre outros. O domingo asinarase no Salón de Plenos o Xuramento de Irmandamento, un trámite previo a unión en irmandade dos dous municipios, que concorrerán xuntos a varias convocatorias europeas