Silleda, 28 de novembro de 2017. O ambicioso proxecto do Concello de Silleda para contar rede de calor vén de recibir o visto bo por parte do Instituto Enerxético de Galicia (INEGA), que lle outorga unha subvención de 653.270,13 euros, a través da liña de axudas para redes de distribución de enerxía térmica con equipos de xeración de biomasa.
A subvención supón o 80% da inversión prevista, un total de 816.587,67 euros, apotando os 163.000 euros restantes o Concello de Silleda.
Con esta inciativa crearase unha rede de calor "District Heating" no entorno da zona deportiva da vila de Silleda, coa que subministrar calefacción e auga quente sanitaria a varios edificios conectados mediante tuberías preaisladas.
O alcalde de Silleda, Manuel Cuiña, compareceu hoxe para falar desta iniciativa xunto cos concelleiros Klaus Brey e Jesús Taboada e o enxeñeiro industrial Ricardo González, autor do proxecto.
A Central de Producción, ubicarase no recinto feital e usará biomasa como combustible, concretamente astilla, garantizando o subministro de calor a varias instalacións.
Na primeira fase incluiranse o pavillón polideportivo César Fares, o campo de fútbol de Outeiriño, a piscina municipal, a Escola Infantil A Galiña Azul e tamén o Hotel Vía Argentum.
Cuiña explicou que o pasado ano en Galicia só se levou a cabo unha iniciativa similar no Concello de Lugo, e que este ano só se subvencionaron 4 proxectos. Así ademais do de Silleda, coa maior contía, tamén se subvencionan outra rede no Porriño e dúas en Ourense (Laza e Melón). A de Silleda convertirase na primeira rede pública destas características na provincia de Pontevedra.
A rede de calor terá unha potencia de 1 megawatio e na primeira fase colocaranse case 2 kilómetros de tubería preasilada. Na segunda fase conectaranse á esta rede de calor outros edificios como a actual Casa da Cultura (futura Casa consistorial), a Escola de Música o CEIP de Silleda ou a Oficina Agraria Comarcal.
“Con esta iniciativa deixaran de expulsarse ao medio nesta primeira fase 342 toneladas de CO2 ao ano, e 380 toneladas no segundo”, engade Cuiña. O aforro económico será de 81.000 euros ao ano respecto ao consumo anual, e de 93.000 euros cando esté lista a segunda fase. A idea é que no futuro calquera usuario privado se poida enganchar.
Aproveitar a biomasa
Estímase que se precisan 576 toneladas de astilla ao ano. “Neste senso o obxectivo final e crear un ciclo que nos permita ademais aproveitar a biomasa dos montes de titularidade municipal”, explica o alcalde indicando que esta primeira fase “abre as portas para crear un clico que dé salida a materia prima dende os nosos montes, co que significa tamén no tocante á prevención de incendios”, engade.
Dende o Concello estase a realizar tamén un estudo sobre as potencialidades da biomasa no municipio e xa se contactou tamén coa UXFOR de Parada.
Climatizar a piscina
Outro dos puntos fortes da iniciativa é que tamén permitiría nun futuro climatizar a piscina municipal de Silleda.
“É un proxecto ambicioso que culmina a aposta deste Concello por enerxías limpas que vimos realizando nos últimos anos coa dotación de caldeiras de biomasa en edificios municipais ou placas fotovoltáicas, entre outros”, explica o alcalde.
“É unha iniciativa moi completa que supón todo un fito no noso municipio permitíndonos aforrar custes e ao mesmo tempo dinamizar a economía local, ademais de mellorar os servizos á cidadanía”, engade o rexedor.
Con este proxecto o Concello de Silleda traballa para ser un referente en Galicia na xeración e autoabastecemento de enerxía con recursos propios, aproveitando os productos forestais dos montes do municipio.
Dende o Concello considerase que as redes de calor con biomasa forman parte dun presente cada vez máis comprometido co medio, polo que a iniciativa de conectar varios edificios públicos vai máis aló, e a intención e que nun futuro se poidan tamén enganchar ademais de edificios públicos outros privados, comunidades de veciños… beneficiándos das vantaxes económicas e medioambientais deste sistema.
Así, e seguindo a dinámica levada a cabo noutras localidades, na primeira fase xa se propón tamén a conexión dun hotel.