Os silledenses terán servizo de teleasistencia domiciliaria gratuita dende xaneiro

Silleda, 17 de decembro de 2018.  Os veciños e veciñas de Silleda que utilicen o servizo de teleasistencia domiciliaria non terán que abonar ningún coste a partir do vindeiro 1 de xaneiro. O alcalde de Silleda, Manuel Cuiña, anunciou o establecemento deste servizo de xeito gratuito para os silledenses na presentación da sesión informativa sobre teleasistencia organizada pola Deputación de Pontevedra e que se celebrou esta mañá no Centro Social de Silleda.

Ata o de agora a financiación deste servizo costeabase dende tres frentes: a Deputación, o Concello e os usuarios, cunha taxa en función da renda. Con esta medida anunciada hoxe polo alcalde o Concello de Silleda pasará a asumir tamén o coste dos usuarios. “Deste xeito continuamos apostando por eliminar o copago dos nosos veciños e veciñas en distintos servizos. Fixémolo con Silleda Activa e co Programa de Atención Integral do Alzheimer no que os usuarios e as familias reciben asistencia e asesoramento de xeito gratuito,  e agora facémolo cun servizo moi importante sobre todo para as persoas maiores que viven en situación de soidade e que poderán disfrutar das vantaxes da teleasistencia a domicilio sen ter que pagar nada”, indica o alcalde, Manuel Cuiña.

O rexedor advirte que a día de hoxe o Concello de Silleda “está en disposición de continuar avanzando na  mellora da prestación de servizos, da atención ás persoas, grazas á xestión económica realizada nos últimos anos que nos permite aumentar o gasto destinado ao benestar social, algo clave na nosa sociedade, na mellora da calidade de vida dos nosos veciños”, engade.

Prolongar estancia no domicilio

Unha das principais vantaxes da teleasistencia é que permite ademais, no caso das persoas maiores, prolongar a  estancia no seu domicilio, “que as persoas maiores poidan vivir por máis tempo na súa casa sen sufrir cambios bruscos do entorno”, explica a concelleira de Benestar Social, Pili Peón, que hoxe tamén participou na actividade.

Na sesión, cunha notable afluenza (asistiron preto de 60 persoas) persoal do departamento de Cohesión Social da Deputación explicou as vantaxes da telasistencia domiciliaria, un servizo que o organismo provincial presta aos municipios de menos de 20.000 habitantes. Está dirixido a persoas maiores ou con discapacidade que vivan soas, así como ás persoas que aínda acompañadas teñan as súas facultades moi mermadas para valerse na vida cotiá.

Para contar con teleasistencia na casa non é imprescindible contar con teléfono fixo, basta só coa instalación eléctrica do fogar para a conexión dos dispositivos que se precisan

Campaña informativa

A sesión informativa de hoxe enmárcase tamén nas accións divulgativas sobre recursos e prestacións que se ofrecen no departamento municipal de Servizos Sociais, coa edición dun díptico que recolle os servizos máis destacados e que foi enviado en días pasados a todos os domicilios do municipio silledense.

en situación de soidade e que poderán disfrutar das vantaxes da teleasistencia a domicilio sen ter que pagar nada”, indica o alcalde, Manuel Cuiña.

O rexedor advirte que a día de hoxe o Concello de Silleda “está en disposición de continuar avanzando na  mellora da prestación de servizos, da atención ás persoas, grazas á xestión económica realizada nos últimos anos que nos permite aumentar o gasto destinado ao benestar social, algo clave na nosa sociedade, na mellora da calidade de vida dos nosos veciños”, engade.

Prolongar estancia no domicilio

Unha das principais vantaxes da teleasistencia é que permite ademais, no caso das persoas maiores, prolongar a  estancia no seu domicilio, “que as persoas maiores poidan vivir por máis tempo na súa casa sen sufrir cambios bruscos do entorno”, explica a concelleira de Benestar Social, Pili Peón, que hoxe tamén participou na actividade.

Na sesión, cunha notable afluenza (asistiron preto de 60 persoas) persoal do departamento de Cohesión Social da Deputación explicou as vantaxes da telasistencia domiciliaria, un servizo que o organismo provincial presta aos municipios de menos de 20.000 habitantes. Está dirixido a persoas maiores ou con discapacidade que vivan soas, así como ás persoas que aínda acompañadas teñan as súas facultades moi mermadas para valerse na vida cotiá.

Para contar con teleasistencia na casa non é imprescindible contar con teléfono fixo, basta só coa instalación eléctrica do fogar para a conexión dos dispositivos que se precisan.