Silleda, 11 de xaneiro de 2019. O programa de Intervención Integral a Persoas con Alzhéimer e familias coidadoras que desenvolve o Concello de Silleda a través da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras demencias da provincia de Pontevedra (Afapo) continuará ao longo deste ano.
O alcalde, Manuel Cuiña, e a concelleira de Benestar Social, Pili Peón, mantiveron en días pasados un encontro nas dependencias municipais con José Manuel Fontenla, director de Afapo, no que se asinou o convenio que rexirá as actuacións a levar a cabo durante o exercicio de 2019.
“Estamos moi satisfeitos con este programa integral que iniciamos xa no ano 2014 e que tan bos resultados está a dar, non só para os veciños e veciños que padecen esta doenza senon tamén para as súas familias, con consellos e indicacións que moitas veces se descoñecen”, sinala o alcalde destacando que a posta en marcha desta iniciativa é “unha clara aposta deste goberno polas políticas sociais”, engade.
O programa ten como obxectivos axudar ás familias a comprender a importancia no coidado dos enfermos e previr situacións de desgaste físico e/ou emocional, que poidan derivar en estrés crónico, e tamén ralentizar na medida do posible o deterioro cognitivo, pérdida de memoria, de mobilidade e función motoras que presentas as persoas con demencias.
Sen custes para os usuarios
A mellora da calidade de vida , tanto das familias como dos enfermos é o reto específico desta actuación que comezou a desenvolverse xa en Silleda no ano 2014 e á que o Concello de Silleda volve destinar a cantidade de 18.000 euros, igual que no anterior exercicio, cando se triplicou o orzamento desta iniciativa, sen custe algún para os usuarios.
“O coidado e benestar dos nosos maiores e das persoas que padecen enfermedades coma esta é unha das preocupacións deste goberno municipal, que se manifesta coa posta en marcha de iniciativas coma esta ou a próxima apertura dun Centro de Día e Residencia”, sinala a concelleira.
Sesión de interese xeral
O programa, que ao igual que en anos anteriores incluirá un curso para persoas coidadores e obradoiros para as persoas enfermas, ademais de asesoramiento personalizado contará este ano como novidade cunha charla coloquio na que se abordarán as demencias dende varias frontes. A cita será a finais deste mes (a data concreatarse nos vindeiros d, cunha sesión na que ademais do presidente de Afapo, que falará da problemática dende unha vertente asistencial, informando aos asistentes sobre os recursos dispoñibes para familiares e enfermos, abordará cuestións relacionadas cos avances científicos sobre esta doenza.
O científico Carlos Spuch, membro do Instituto de investigación Sanitaria Galicia Sur e Coordinador da Rede Galega de Investigación en Demencias estará na cita de Silleda para falar dos últimos avances médicos e de claves para diagnosticar esta enfermidade.
“Consideramos que se trata de unha sesión de grande interese para toda a poboación, xa que por desgracia cada vez son máis as persoas aqueixadas por algún tipo de demencia e nesta sesión ademais de falar de recursos tamén teremos unha visión a nivel médico dun dos grandes expoñentes neurocientíficos de Galicia”, indica o alcalde, Manuel Cuiña.
É por iso que dende o Concello se fará un esforzo na difusión desta charla dado o seu interese.
Valoración e inicio dos cursos
Por outra banda xa o mércores 23 e o 30 terá lugar no Centro Social de Silleda a valoración a nivel social e cognitivo dos potenciais usuarios que asistirán despois, dende febreiro e ata decembro aos obradoiros de estimulación dirigidos a pacientes con diagnóstico de demencia en fase inicial ou moderada da enfermidade. Terán lugar todos os martes e xoves (de 10:30 a 12:30 ), agás no mes de agosto, na Casa da Xuventude.
A finais deste mes de xaneiro, os días 28, 29, 30 e 31 desenvolverá se os cursos de formación para coidadores e familiares, que se celebrarán este ano na Casa da cultura, en horario de 17:00 a 19:00 horas. Todas as persoas interesadas poden dirigirse ao Centro Social de Silleda ou chamar ao 986 592037.