Silleda, 10 de abril de 2019. O Concello de Silleda dispón xa do documento final do Plan de Mobilidade Sustentable (PMS), que se entregou por parte do estudio que realizou o traballo para a súa revisión final.
O alcalde, Manuel Cuiña, e técnicos municipais mantiveron un encontro co equipo do estudio MMasa que lle presentou as liñas básicas do PMS. “Trátase dun traballo moi completo e minucioso que será de gran valor para acometer futuras actuacións”, indica Cuiña.
O obxectivo do estudio é a incorporación da mobilidade na plafinifación para afrontar os problemas existentes , a comprensión da mobilidade coma un concepto intensamente involucrado en diversos aspectos da vida urbana.
O traballo parte dunha toma de datos e análise dos mesmos e analiza cuestións de interese non só no ámbito urbanístico –como poden ser as necesidades de zonas verdes, o parque de vivendas e o seu estado- senon tamén os fluxos de circulación e transporte –nos que destaca sobre todo a comunicación con Santiago, entre outras vilas- , aparcamentos…. O Plan de Mobilidade recolle ademais cuestións relativas aos movementos de poboación nos distintos núcleos das parroquias, e mesmo unha análise dende o punto de vista enerxético e medioambiental.
“Será un documento co que traballaremos a partir de agora, tendo en conta que recolle de forma ampla necesidades relativas a cuestións coma as prazas de aparcamento, humanización de espazos urbanos, accesibilidade….”.
Tamén se recollen datos das enquisas realizadas entre a veciñanza, tanto con cuestionarios prensenciais coma enquisas on line. Nas respostas, sobre os principais problemas de mobilidade en Silleda, destaca a ausencia de sendas segurias e vías ciclabels, seguido de cerca polo déficit de transporte público (frecuencia, nº de liñas.
Nos casos urbanos de Bandeira e Silleda, as persoas que participaron nas enquisas sinalaron como principal deficiencia a escasez de vías específicas para o tránsito de peóns e ciclistas. Tamén destacan os problemas de accesibilidade, iluminación ou o ancho das beirarrúas.
“Con todos estos datos que ofrece o estudo, financiado pola Deputación de Pontevedra, podemos traballar no deseño de futuras accións que melloren os nosos espazos e comunicacións, e sobre todo a calidade de vida dos nosos veciños e veciñas”, remata o alcalde.