O CAMPO DE FÚTBOL DA BANDEIRA, ELIXIDO ENTRE MÁIS DE 400 DE TODA ESPAÑA PARA A XI BIENAL IBEROAMERICANA DE ARQUITECTURA E URBANISMO

Silleda, 24 de maio de 2019. O campo de fútbol da Gandareira, na Bandeira, unha das novas infraestruturas realizadas polo Concello de Silleda nesta lexislatura, vén de ser seleccionada para participar na XI Bienal Iberoamericana de Arquitectura e Urbanismo (BIAU), que este ano se celebrará na capital de Paraguay, en Asunción, no mes de outubro.

O campo, inaugurado a mediados de outubro do pasado ano e deseñado polo arquitecto silledense Abraham Castro, é unha das 20 obras de toda España que estarán presentes neste prestixioso certame. Sólo de España presentáronse máis de 400 propostas, “polo que o feito de que o noso campo de fútbol esté entre os 20 seleccionados, é todo un motivo de orgullo”, indica o alcalde, Manuel Cuiña.

-“Este recoñecemento é sen dúbida algunha un espaldarazo a esta obra pola que sempre apostamos, unha obra funcional , moderna e vanguardista, e sobre todo , e  o máis importante, na que xa practican deporte dende o mes de outubro centos de nenos e nenas”.

Entre as obras seleccionadas figuran outras tres en Galicia: un lavadoiro en Artes (Ribeira), de Carlos Seoane; os aseos bioclimáticos de Trado, en Ourense e a Casa de Anguía de Barral, tamén en Ourense, obra de MOL Arquitectura.

O proxecto silledense foi seleccionado ademáis xunto a outros realizados por arquitectos con gran proxección e fama internacional, caso de Cruz y Ortiz Arquitectos, autores do Wanda Metropolitano, ou o catalán Toni Gironés.

O campo silledense foi construido en 2 fases, a través do Plan de Reequilibrio Territorial da Deputación de Pontevedra, cunha inversión de máis de 1,5 millóns de euros, que ademáis do propio estadio supuxo a urbanización e mellora do entorno, na zona deportiva e cultural da Bandeira.

En total presentaronse á BIAU 997 propostas . sendo seleccionadas finalmente 210 propostas,dun total de 16 paises,  nesta undécima edifición do certame, . A BIAU, é unha iniciativa do Goberno de España, consolidada xa como unha das referencias fundamentais para coñecer a situación actual e prospectiva da arquitectura e o urbanismo na comunidade iberoamericana.  As actividades da Bineal xiran en torno ao recoñecemento de traxectorias de profesionais e de obras arquitectónicas significativas, entre outros.

“Depois de todas as críticas que recibimos, e todo o que tivemos que oir por esta obra nos últimos meses, hoxe un día especialmente significativo, porque unha vez máis demostrase que Silleda é unha referencia por unha obra feita dende este Concelllo, unha obra feita por e para os silledenses”, indica o alcalde, Manuel Cuiña, lembrando outros recoñecementos coma o que recibiu a Rede de Calor con Biomasa, premio ao mellor proxecto de Enerxías Renovables de 2019.  Alguén terá que explicar porque a obra máis cuestionada polo PP nesta lexislatura recibe agora un recoñecemento a nivel internacional”, engade

“É indiscutible que Silleda está a ser un referente, e por grandes cousas coma esta”, engade o rexedor.

Pola súa banda, o autor do proxecto, Abraham Castro, tamén amosou a súa satisfacción por este recoñecemento a unha obra “funcional, moderna, que define como unha proposta de poderosa xeometría, cunha arquitectura obxectiva, concreta, e sobre todo unha obra para perdurar no tempo”, engade.