Silleda, 28 de setembro de 2019. O patrimonio de Silleda continúa a despertar o interese de diversos expertos en Arte a nivel nacional. A última mostra vén protagonizada pola igrexa románica de Santa María de Abades, unha fermosa construcción que formará parte xunto con outros templos galegos da tese doutoral de Irene Lázara, da Universidade Complutense de Madrid. Baixo o título “Cultura material, iconográfica y escrita de lo macabro en el arte bajomedieval de los reinos cristianos de la Península Ibérica: 1300 – 1530”, a autora leva xa dous anos realizando este intenso traballo no que figurará a igrexa de Abades.
Irene Lázaro, que é ademais dende o ano 2017 redactora da revista dixital de divulgación histórica “Antrophistoria”, e que ten publicado artigos en publicacións como Eviterna, da Universidade de Málaga, visitou en días pasados a igrexa de Abades acompañada da concelleira de Cultura, Mónica González, do estudioso José María Ezequiel Ferrer –que publicou un interesante traballo sobre o conxunto relixioso da parroquia- e por Antonio Rodríguez, sacristán do templo.
A investigación da doctoranda parte da base de que, a diferencia do defendido pola historiografía tradicional, existe unha cultura material macabra na Península Ibérica. Ésta evidencias nas numerosas numerosas representacións artísticas conservadas que comprenden unha grande variedade de temas iconográficos (Danza dos muertos, Encontro dos tres vivos e os tres mortos, o chamado “transi”…) así coma a cantidade de soportes nos que se atopa encuentran (pintura mural, -coma no caso de Abades-, miniatura, escultura exenta, relieve…).
Con esta tese doutoral Lázaro busca realizar unha recompilación das prezas de arte macabro conservadas na Península, así como das que só se ten noticia a través da documentación existente.
A autora estivo en Abades –onde tamén visitou o santuario dos Desamparados- analizando as pinturas do templo romámico.
Segundo explica Irene Lázaro, cada peza está a ser estudada de xeito individual pero tamén como parte do conxunto hispano atendendo á súa dispersión xeográfica, cronolóxica e temática. A tese tamén analiza as pezas en relación ca arte europea, prestando atención a aquelas que non atopen parangón con outros exemplos de Europa.
A concelleira de Cultura indica que o “románico en Silleda é un grandísimo puntal dende o punto de vista histórico, artístico e tamén turístico, con mostras únicas dunha longa lista encabezada por Carboeiro” e que publicacións coma esta tese “axudan a reforzar o carácter referente dos templos do noso municipio”.
Tamén agradeceu o traballo realizado por Ferrer, que está xa a preparar a edición en castelán da súa obra sobre o santuario de Abades, un minucioso estudio sobre o conxunto relixoso.
Irene Lázaro ademais de distintas publicacións tamén participou como poñente en xornadas coma o I Seminario Interdisciplinar: En los bordes de la cultura. Locura y muerte en los procesos de transformación cultural” celebrado na Universidad Complutense de Madrid ca ponencia “El arte macabro como consecuencia de la crisis del siglo XIV” e o vindeiro ano estará presente no XXIII Congreso Nacional de Historia del Arte, cunha intervención na que mencionará na introducción a igrexa de Santa María de Abades.