Silleda, 4 de marzo de 2020. . O Concello de retoma a partir deste mes a Escola de Familias, un proxecto que se retoma dende o departamento de Educación Social e que busca convertirse nun espazo de formación e apoio para país e nais con fillos/as pequenos, preadolescentes e tamén adolescentes .
As sesións serán o vindeiro sábado 14, o sábado 28 de marzo e o sábado 4 de abril, todas elas ás 11:00 horas na Casa da Cultura. A partiripación é gratuita, pero precísase inscrición previa no Centro Social de Silleda ou chamando ao 986 592037.
A sesión do sábado 14, leva por título Xestionando Emocións, e está dirixido a familias con nenxs de 0 a 12 anos. A través desta charla coñeceremos o desenvolvemento emocional dxs nenxs dende o se nacemento ata a etapa da preadolescencia, a importancia dun vínculo afectivo para un desenvolvemento positivo e para a formación dunha autoestima san; a necesidade de comprender e respectar os estados emocionais, así como xetionalos dunha maneira adecuada (sobre todo os ‘temibles’ berrinches na primeira etapa); a presenza de diferentes medos segundo cada etapa evolutiva e como actuar ante eles; de qué forma as persoas adultas lle infundamos prexuízos e temores; concienciarnos do modelado que exercemos como pais e nais así como coñecer cales son as nosas fortalezas para poder transmitirllas.
O 28 de marzo a escola centrarase nas familias con fillxs preadolescentes, para falar dos principais axustes emocionais na adolescencia. O obxetivo é coñecer e reflexionar sobre os cambios propios da adolescencia e a relación cos desaxustes emocionais máis frecuentes. Destacarase o papel das familias como educadores nesta etapa, reforzando os comportamentos positivos. Trataranse temas como: conceptualización da ‘adolescencia’, desaxustes emocionais e psicolóxicos (trastornos do estado de ánimo, trastornos da conducta alimentaria…), outras casuísticas (consumos, bulling, violencia de xénero, sexualidade…) e o papel da familia en trastornos vs alteracións propias desta etapa.
Por último, o sábado 4 de abril realizarase unha sesión para as familias en xeral para falar de comportamentos, condutas, e tamén actitudes en actividades coma o deporte e na vida, así como no papel que desempeñas as familias, á hora de promover valores coma o compañeirismo, empatía, traballo en equipo… e como se deben de fomentar.
“Aínda que as charlas están separadas por idades, son abertas a todo o público que queira participar, para resolver dúbidas ou asesorarse”, indica a concelleira de Educación, Ángela Troitiño.