A primeira edición do curso de formación en aproveitamentos forestais e acondicionamentoe de espazos verdes, de 250 horas, inclue a realización de prácticas en espazos naturais do municipio de Silleda. Este curso está destinado a persoas en situación de desemprego, as cales obterán unha acreditación dos módulos e horas cursadas, cos cales poderán optar a obter o certificado de profesionalidade “AGAR 0209 Actividades auxiliares en aproveitamentos forestais”
Silleda, 24 de agosto de 2022. O Concello de Silleda porá en marcha nas vindeiras semanas o proxecto denominado “Deza Circular”, unha aposta para capacitar e orientar para ao emprego a persoas desempregadas no ámbito da economía forestal circular. Esta iniciativa, que conta co apoio do veciño municipio de Vila de Cruces, ten como obxectivo capacitar, orientar e insertar a persoas desempregadas en servizos innovadores do aproveitamento forestal.
Así, realizaránse distintas accións destinadas a crear oportunidades no ámbito da economía forestal circular, así como no turismo sostible dos espazos naturais destas localidades.
A primeira edición do curso formativo, con 250 horas de duración, dará comezo o vindeiro día 12 de setembro e continuará ata novembro, incorporando actuacións no marco da acción denominada Deza Recupera. Unha segunda edición do mesmo está prevista para dar comezo en novembro.
Neste senso, está previsto actuar no sendeiro do Deza, que o municipio comparte co concello veciño de Vila de Cruces, colaborador tamén neste proxecto, así como na área fluvial de Cira, ámbalas dúas situadas na Rede Natura 2000. Esta acción ofrecerá prácticas específicas orientadas á empregabilidade en conservación forestal e turismo sostible, ó tempo que se levarán a cabo accións de mellora e recuperación de espazos naturais protexidos.
Todas as persoas en situación de desemprego que estén interesadas en participar, poden informarse no Concello de Silleda, ou chamando ao 986 1802390, a través da Concellerías de Medio Ambiente e Emprego, que dirixe Pili Peón. Tamén se realizan inscricións a través do banner da web municipal www.silleda.gal, e do mail emprego@silleda.gal
O proxecto, cun orzamento de 78.336,20 euros, é un dos poucos que recibiu o visto bo da Fundación Biodiversidad (só se aprobaron 66 en toda España) a través da liña de axudas do programa EmpleaVerde, e conta apoio do Ministerio para la Transición Ecológica y Reto Demográfico, e a cofinanciación do Fondo Social Europeo.
Deza Circular consta de tres tipos de accións. Así, ademáis da xa mencionada Deza Recupera, e da propia acción formativa, haberá outra (Deza Orienta), na que se acompañará e orientará ás persoas participantes para mellorar a súa empregabilidade e a inserción laboral . Tamén se fomentará o desenvolvemento de novas liñas de negocio sostibles en empresas da zona que faciliten a contratación das persoas formadas.
Poderán participar as persoas desempregadas de calquera idade e con calquera nivel formativo previo.
A formación presencial en aproveitamentos forestais e o acondicionamiento de espazos verdes céntrase en ofrecer coñecementos teórico-prácticos para o desemeño de perfís profesionais relacionados con actividades de conservación e mellora do monte e espazos verdes.
A acción Deza Orienta encargarase de acompañar e de orientar para mellorar a empregabilidade e a inserción laboral das persoas formadas no programa , así como de fomentar o desenvolvemento de novas liñas de negocio sostibles en empresas da zona que faciliten a contratación das persoas formadas.
As actividades vanse executar na súa maior parte de xeito presencial no municipio silledense, e parte das accións de orientación e capacitación para o emprego na modalidade on-line.
Este programa, totalmente gratuito para as persoas participantes, está confinanciado polo Fondo Social Europeo.