O equipo redactor do PXOM recolleu as alegacións presentadas ao documento

 

Silleda, 9 de abril de 2013. O equipo redactor do Plan Xeral de Silleda, da firma Eptisa, acudiu hoxe a Silleda para recoller as 738 alegacións que se presentaron durante o periodo de exposición do documento. Do mesmo xeito, ademais de recoller as reclamacións, asistiron a un encontro con representantes dos tres grupos políticos municipais, aos que se lles explicou cómo se avaliarán as alegacións e os pasos que se seguirán agora na tramitación do planeamento.

O equipo redactor revisará de xeito inmediato todas as alegacións referidas ao rural e manterán despois outra reunión de traballo con toda a Corporación para analizar aquelas que non se resolvan de xeito satisfactorio por cuestións técnicas.

“O procedemento repetirase coas alegacións do ámbito urbano, cunha nova reunión canto estén resoltas para ver as que non prosperan”, engade a alcaldesa e concelleira de Urbanismo, Paula Fernández Pena.

Calcúlase que este traballo estará rematado no mes de agosto, aínda que faltarían tamén todos os informes sectorais solicitados para continuar co procedemento. A día de hoxe, xa se recibiron os informes de Medio Ambiente, Facenda, Minas, Adif, Acega, e dos Concellos de Lalín, A Estrada e Forcarei.

No encontro, ao que acudiu tamén o técnico municipal e representantes dos tres grupos políticos municipais, abordáronse tamén outras cuestións sobre o planeamento. Así, falouse do conflicto dos lindes con municipios limítrofes. Nesta cuestión, como xa explicara Paula Fernández, o Concello usou os planos do Instituto Geográfico Nacional, “polo que calquera diferencia con outros concellos terase que resolver con procedimento paralelo de delimitación dos lindes municipais”, engade. A alcaldesa explica que isto conlevaría ademais a creación de comisións nos distintos concellos, traballo de investigación de lindes…”Teriamos a opción de incorporalo ao documento ou ben optar por unha modificación puntual do PXOM para non interferir nos prazos previstos”, engade Paula Fernández.

Na reunión de traballo celebrada hoxe tamén se abordaron temas coma o ancho dos camiños, comprometéndose os redactores do Plan Xeral a facer unha revisión dos camiños secundarios de cada lugar, por se procederá a reducción de ancho da vía.

Revisión dos ámbitos de protección e estudo hidrográfico

Outra das cuestións plantexadas foi a revisión dos criterios de protección de zonas arqueolóxicas, para permitir construir nas zonas de respeto. Nesta mesma liña, no encontro Paula Fernández explicou ao resto dos grupos municipais que pasado mañá xoves día 11 manterá unha reunión coa Secretaria Xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, á que lle exporán unha cuestión que preocupa no rural: o solo de protección de aguas. “A protección é moi ampla e consideramos que se pode chegar a perxudicar ao sector agrogandeiro, clave na nosa economía, ao frear a construcción de futuras explotacións”, sinala a alcaldesa.

Neste senso, dende a Concellería de Urbanismo estase a estudar a posibilidade de realizar un estudo hidrográfico, unha cuestión que plantexaremos na reunión do xoves. “Se nos dín que é viable, pese a que a realización do estudo tardaría uns 2 meses e tería un custe, pensamos que podería compesar”, engade,

Na reunión prevista coa Secretaria Xeral de Urbanismo tamén se abordarán cuestións relacionadas con alegacións, coma o caso da presentada polos veciños e propietarios da rúa Pintor Colmeiro.

Tramitación

Unha vez resoltas todas as alegacións e recibidos todos os informes sectoriais, habería que remitir o documento de aprobación provisional á Xunta, para que ésta emita a memoria ambiental. Con este documento, o PXOM poderíase elevar a pleno para a súa aprobación provisional.