A Concellería de Cultura convoca o II Concurso de Microcurtas e o II Concurso de Microrrelatos

 

A Concellería de Normalización Lingüística, que dirixe Margarita Campos, vén de convocar a segunda edición dos Concursos de Microcurtas e Microrrelatos. A temática dos certames serán este ano as tradicións galegas. O prazo para participar estará aberto dende este luns día 22 ata o 16 de maio.

No caso das microcurtas, os traballos, que deben empregar o galego, non poden superar os 8 minutos. O concurso está aberto a persoas maiores de 13 anos, empadroadas no concello de Silleda. Todos aqueles que desexen participar deben de enviar as súas creacións ao enderezo postal do Concello, en formato DVD PAL, ou entregalas na casa consistorial. Neste DVD deben escribir o título da curta e un pseudónimo e acompañar nun sobre pechado os datos persoais. Cada participante só poderá presentar un traballo. O xurado, que dará a coñecer o seu fallo o 25 de maio, estará composto pola concelleira Margarita Campos e por dous profesionais do sector audiovisual. O gañador ou gañadora levará como premio unha tablet valorada en 100 euros, e o centro educativo ao que pertenza, de ser o cas, un lote de libros en galego. De non tratarse dun alumno/a dun centro educativo, a concellería de Normalización Lingüística entregará os libros á Campaña de Recollida de Material Escolar.

No caso dos Microrrelatos,  nesta segunda edición estabrécense, como novidade dúas categorías: unha para nenos e nenas de 6 a 12 anos e otra para persoas de 13 anos en adiante.

Tamén se amplía o formato de texto. Así, o Microrrelato, que debe estar escrito íntegramente en galego poderá presentarse en dúas modalidades: a ordenador (cun máximo de 500 caracteres) e tamén escrito a man (máximo 100 palabras). Deben presentarse en papel DIN A4, sempre firmados baixo pseudónimo en un sobre co nome do concurso e a categoría na que participa. Noutro sobre pechado irán os datos persoais. Os traballos, ao igual que no caso das microcurtas deberán ser inéditos e non terse presentado a outros certames e tamén se deben remitir ao Concello de Silleda (rúa do Trasdeza, 55. 36540 Silleda)

Neste caso o xurado estará integrado pola concelleira e por dous profesionais dos medios de comunicación. O premio será neste caso un e-book, ou libro electrónico, valorado tamén en 100 euros, e tamén se entregará lote de libros nas mesmas condicións reseñadas anteriormente.

“Con este certame queremos fomentar a creatividade ademais de contribuir ao uso do galego sobre todo entre a poboación máis nova”, engade a concelleira. A orixinalidade e a creatividade dos traballos serán as liñas básicas para xulgar os traballos.

Aquí podes consultar as bases dos dous certames