A Concellería de Emprego informa sobre o prazas vacantes da Deputación

 

A Concellería de Emprego de Silleda, que dirixe Pili Péon, informa da convocatoria realizada pola Deputación de Pontevedra para cubrir varias prazas vacantes, tal e como recollo o Boletín Oficial da Provincia (BOP) número 96 publicado o pasado mércores 21 de maio.

Na convocatoria figuran dúas prazas de técnico en Educación, encadradas na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico medio e integradas no grupo A2, por quenda libre e catro prazas de técnico auxiliar de Educación diúrna, encadradas na escala de Administración especial, subescala técnica, clase auxiliar e integradas no grupo C1, tamén por quenda libre.O prazo para inscribirse nos exames é de 20 días naturais contados a partir da publicación bo BOP.

Ademais, dende a Deputación, no mesmo BOP informase doutra convocatoria para constituir unha bolsa de mprego de cara a contratación laboral temporal de diferentes postos. As prazas ofertadas neste caso son as de Técnico arqueólogo de campo, grupo A1; Técnico arqueólogo de laboratorio, grupo A1; Técnico restaurador de campo, grupo A2; Técnico restaurador de laboratorio, grupo A2; Técnico en Tradución e Interpretación, grupo A1; Técnico en Comunicación, grupo A1; Peón agrícola, grupo E. As persoas que desexen formar parte da bolsa de emprego deberán facelo constar mediante unha instancia dirixida ao presidente da Deputación de Pontevedra. A instancia conterá, polo menos, os datos persoais do solicitante, co teu enderezo e teléfono para poder localizarte, así como a denominación do posto ofertado ao  que optas, achegando distinta documentación. Neste caso o prazo de inscripción é de 10 días hábiles contados a partir da publicación no boletín.

A presentación de solicitudes poderá facerse ben no Rexistro xeral do organismo provincial, ben en calquera das formas establecidas no art. 38.4 da Lei 30/92, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; as solicitudes que se presenten a través da oficina de correos deberán entregarse en sobre aberto para ser seladas e datadas polo funcionario de Correos antes de seren certificadas. Podes consultar neste enlace toda a documentación necesaria:

http://www.boppo.depo.es/bop-portlet/download?groupId=31603&folderId=2199604&fileName=bop.PONTEVEDRA.20140521.096.pdf

Dende a Concellería de Emprego xa se remitiron cartas a todas as persoas inscritas na bolsa municipal de Emprego (Silleda Emprega), “co obxectivo de manter informados aos demandantes das convocatorias e outras iniciativas que se levan a cabo en diferentes Administracións”, explica a concelleira, “xa que o contacto permanente coas persoas que forman parte do programa é un dos nosos obxectivos, de cara a facilitar a súa inserción laboral”, engade. Dende este departamento municipal tamén se ofrece asesoramento ante calquera dúbida en relación con estas convocatorias.