Silleda, 13 de xullo de 2014. A mostra Silleda no secúlo XIX pechou hoxe as súas portas cun éxitoso balance. Dende o pasado 7 de xuño un total de 1.200 persoas visitaron a exposición, que amosa a historia, cultura e tradición de Silleda a través de documentos, fotografías e pezas de arte, repartidas en tres salas: sala civil, de arte sacro e a adicada ao Santuario da Saleta de Siador.
O alcalde de Silleda, Manuel Cuíña, clausurou hoxe o certame destacando que as “expectativas se cumpriron” e que xa está a barallar a posibilidade de repetir a iniciativa en vindeiros anos.
“Foi un éxito rotundo e de feito xa hai outros Concellos que están a organizar mostras coma esta”, indicou. Cuiña destacou o respaldo dos veciños e veciñas de Silleda, que supoñen o 74% das visitas rexistradas. Deles, o 7% eran veciños de Siador, parroquia na que se asentou o primeiro santuaria saletino de España, que este ano celebra o seu 150 aniversario, fito que foi o detonante inicial da exposición.
O rexedor destacou que as visitas foron in crescendo ao longo das semanas. Entre os visitantes tamén figuran extranxeiros de países coma Arxentina, e numerosos peregrinos de localidades como Sevilla, ou paises como Bélxica e Canadá. Tamén houbo visitas didácticas por parte do Colexio Plurilingüe María Inmaculada ou do Servizo Lúdico Educativo do Concello.
Agradecementos e restauración
O acto de clausura serviu tamén para recoñecer o traballo e colaboración de persoas e entidades “sen as que esto non sería posible”, sinalou a concelleira de Cultura, Margarita Campos. No acto destacouse o papel de D. Roberto Rivas, presidente da Fundación Nuestra Señora de La Salhheta, “alma mater desta mostra”, e de Alfredo Abeledo, comisario da exposición.
Tamén se recoñeceu a colaboración de María Carmen Sánchez, José Luis Pardo, Gerardo Comeau, José Pérez, e o apoio da firma Hidroeléctrica de Silleda. Ademais entregáronse catálogos aos párrocos Javier Brey, José Catanga, José Espiño, Luis Galego, Benedicto Iglesias, Julio Insua, Amador Marugán e Manuel Villar, tamén houbo recoñecementos para Amalia Menéndez, Rosa García, Manuel Mosquera, Francisco Alén Rocio Liñares, Óscar García, Bernabé S.L; a agrupación Xirandola, Banda de Música Municipal de Silleda, Asociación Amigos de Silleda, e Asociación de Mulleres Rurais de Siador.
No acto de clausura o alcalde avanzou que esta exposición tamén sacou á luz o deterioro dalgunhas imaxes de especial valor, polo que xa se elaborou un proxecto de restauración para a Virxe da Piedade de San Tirso de Manduas, do século XVII e se baralla a posibilidade de restaurar tamén a do Nazareno, desta mesma parroquia.