Silleda, 6 de agosto de 2013. O Concello de Silleda vén de colaborar coa Federación de Asociacions de Persoas xordas de Galicia (FAXPG), que xunto coa Fundación Repsol, vén de poñer en marcha un sistema de videoconferencia on line para que poida ser usado por persoas xordas de toda Galicia.
Dende o Concello de Silleda, ademais de difundir a información sobre este recurso, na páxina web municipal ofrécese un enlace directo para acceder a este sistema de videoconferencia, co ánimo de contribuir ao acceso dos cidadáns a unha información sen barreiras, neste caso para dar servizo ás persoas con discapacidade auditiva. O enlace está dispoñible na sección Concellerías, dentro do departamento de Benestar Social e Igualdade, que dirixe a concelleira Dolores García.
O servizo está atendido por un axente de recursos sociais, que servirá de referencia para os usuarios que queiran facer consultas sobre temas sociais, educativos ou laborais. As chamadas serán atendidas en horario de 08.30 a 14.30 horas.
Para usar o sistema de videoconferencia BILDTEC, hai que entrar na seguinte web da citada federación (www.faxpg.es).