Silleda, 2 de setembro de 2013. As instalacións das piscinas municipais de Silleda e A Bandeira continuarán abertas ao público ata o vindeiro domingo día 8 de setembro. Deste xeito, e aproveitando tamén as xornadas de calor nos primeiros días deste mes, seguirá a ofrecerse aos veciños/as e usuarios este servizo, do que veñen disfrutando milleiros de persoas ao longo do verán. Dende o departamento municipal de Deportes, que dirixe Klaus Brey, destácase que as piscinas son un servizo moi demandado durante a época estival, polo que se optou por continuar coa apertura das mesmas durante unha semana, pese a que outros Concellos da comarca do Deza xa pecharon as súas instalacións ao público.