Bases do XV Concurso de Escaparates Nadal en Galego 2014-2015

OBXECTIVOS:

Estimular nos comerciantes e empresas do municipio o movemento dos escaparates, de maneira que se dispoñan artisticamente e con sentido publicitario e comercial os produtos que se mostran.

Crear un ambiente máis festivo e que motive aos veciños de Silleda e visitantes a ver e mercar .

PARTICIPANTES E INSCRICIÓNS

Poderán participar todos os comerciantes e empresarios do Concello que posúan escaparates de exterior preparados de acordo cas condicións xerais que regulan o concurso.

Non se esixirá inscrición previa mais, unha Comisión de Admisión determinará que establecementos entrarán a formar parte do grupo de seleccionados para o concurso final.

 

ÁMBITO:

O ámbito será municipal. Calquera establecemento comercial, se cumpre as condicións mínimas requiridas poderá ser considerado concursante.

 

PREMIOS:

 

1º.- PREMIO CONCELLO DE SILLEDA: 200,00 € e Diploma (outorgado polo Concello de Silleda) e unha  cea e para 2 persoas, , xentileza do Hotel Vía Argentum **** de Silleda.

 

2º.- PREMIO AO MÁIS ORIXINAL E INNOVADOR: 150,00 € e Diploma ( outorgado por Espina & Delfin) e e un (1) acceso para 2 persoas ao Circuíto Termal do Hotel Vía Argentum**** de Silleda, xentileza do mesmo Hotel .

 

3º.- PREMIO AO MÁIS COMERCIAL CON EXPOSICIÓN DO PRODUTO : 100,00 € en Billetes de ECOS para comprar en comercios asociados e Diploma ( outorgado pola Asociación ECOS aos seus asociados), unha merenda para 2 persoas na cafetería,   xentileza  do Hotel Vía Argentum****.

 

DESENVOLVEMENTO:

 

1.-Para determinar quen participa, a organización anotará aqueles que a partir do 9 de Decembro de 2014 teñan os seus escaparates elaborados conforme ós requisitos e merezan ao seu criterio a participación.

2.-En datas posteriores, sempre dentro do tempo esixido de exposición, o Xurado sen previo aviso realizará a súa avaliación, observando un a un cada escaparate dos previamente seleccionados pola Comisión de Admisión.

3.-Os premios serán outorgados a aqueles concursantes que en base a 10 puntos por cada concepto, acaden a máxima global segundo os seguintes criterios de valoración:

ORIXINALIDADE E INNOVACIÓN

ILUMINACIÓN

COMERCIAL E DE EXPOSICIÓN DO PROPIO PRODUTO .

4.-As deliberacións do xurado serán secretas e as súas decisións inapelables en todo caso, podendo declarar desertos todos ou cada un dos premios previstos.

5.-Tendo en conta as diferenzas existentes entre os distintos comercios e os produtos que se poden expoñer,  valoraranse os medios e recursos cos que se contan así como o esforzo feito en cada traballo.

 

 

ENTREGA DOS PREMIOS

 

Os premios serán entregados o día 5 Xaneiro de 2015  durante a recepción das Súas Maxestades os Reis Magos  previa comunicación dos resultados.

 

 

COMPOSICIÓN DO XURADO

 

O xurado estará composto por varias persoas, mínimo tres, con cualificación suficiente para saber valorar os traballos que se expoñan. Na presente edición estará integrado polo  alumnado do Ciclo Superior de Xestión Comercial  e Marketing do IES Pintor Colmeiro de Silleda, coa limitación de que non poderán  ter relación directa cos participantes  dos escaparates.

Estará presidido polo Alcalde do Concello de Silleda ou persoa en quen delegue.

 

CONDICIÓNS XERAIS

 

1.-Só entrarán en concurso escaparates de exterior.

2.-Deberán estar elaborados na semana do día 9 de Decembro do 2014, data a partir da que  a organización determinará os que entren a participar, e permanecerán en exposición ata o día 6 de Xaneiro do 2015. Durante estes días, intentarase non modificar o escaparate concursante en canto ó contido nin poderán engadirse carteis ou reclamos que modifiquen o verdadeiro espírito do concurso.

3.-Nos deseños ou exposicións deberán ofrecerse detalles alusivos ás festas do momento, con presenza obrigada de produtos de venda do establecemento, sendo libre a temática a empregar. Valorarase o esforzo por renovar os escaparates e o uso do galego nas mensaxes.

4.-Co ánimo de favorecer a participación masiva, só se poderá conceder un premio por comercio, aínda que prepare varios escaparates, podendo obter máis, se dita empresa tivese sucursais, suposto no que sería considerado coma un concursante distinto.

No suposto de contar un establecemento con varios escaparates, entrará a concurso un deles, o cal será claramente diferenciado do resto. Neste caso a comisión terá en conta esta circunstancia.

5.-Tamén co desexo de dar maior promoción ó comercio do concello, deberán manterse iluminados os escaparates, ata as dez da noite.

6.-A participación no Concurso supón a total aceptación das presentes bases.

(Nota: Os premios outorgados polo Hotel Vía Argentum poderán ser disfrutados nun prazo de tres meses a partir da entrega dos bonos. (5 de xaneiro de 2015).   

oooOOOooo

ORGANIZA:  CONCELLERÍA DE COMERCIO. ( Concello de Silleda)

COLABORAN:

                   * ESPINA & DELFÍN

                   * Asociación ECOS

                   * Hotel VÍA ARGENTUM

                   * Ciclo  Superior de Xestión Comercial e Marketing

                     do  IES PINTOR COLMEIRO  de Silleda.