A Deputación de Pontevedra-ORAL abre o periodo de atención ao público para consultar os expedientes resultantes da elaboración dos padróns das taxas de recollida de lixo e entrada de vehículos e reservas da vía pública do concello de Silleda, co fin de que os interesados poidan formular calquera dúbida ou presentar alegacións.
Periodo: do 26 de agosto ao 27 de outubro de 2014, ámbalas dúas datas indluídas
Lugar: Casa da Cultura de Silleda (rúa Progreso, 41)
Horario: de luns a venres, de 08.30 a 14.30 e de 16.00 a 19.00 horas