Silleda, 21 de outubro de 2017. O Concello de Silleda iniciou xa a renovación da rede de alumeado público no entorno da zona deportiva , escolar e feiral de Silleda. A reposición e ampliación das luminarias está xa lista no tramo da avenida Recinto Feiral (dende o cruce coa rúa da Estación), ao que da á Escola de Música, piscinas e campo de Outeiriño, e en breve completarase no do auditorio e Residencia e Centro de Día.
“Con esta actuación pretendemos mellorar os servizos nesta zona, frecuentada por numerosos usuarios ademais de aumentar a seguridade”, engade o alcalde, Manuel Cuiña.
O investimento ascende a 51.465 euros, financiándose parte desta actuación con cargo do Fondo de Compensación Ambiental.
Todas as luminarias destes tramos están a ser substituídas por outras de tecnoloxía LED. Así mesmo, nalgún caso poñeránse novos báculos. “Sustituiránse os que están situados na zona do auditorio da Semana Verde ou da Residencia por outros máis elevados, o que supón aumentar a luminosidade nesta área”, engade o rexedor. Con esta actuación o Concello de Silleda segue apostando mellorar servizos básicos coma o alumeado logo de distintas actuacións realizadas nos últimos anos en diversas rúas e localidades. O tramo da avenida recinto ferial e parte do acceso á Escola de Música está xa listo e nos vindeiros días rematarse o tramo do auditorio e residencia.