Silleda, 7 de agosto de 2015. O Concello de Silleda abre o prazo de preinscripción para participar nun programa de formación dual. Este proceso servirá para realizar unha selección posterior de participantes nesta iniciativa, que formará e empregará a aprendices de peón canteiro e de conservación.
Poderán formalizar a preinscrición persoas menores de 30 anos e sen titulación relativa a esta modalidade.
As persoas interesadas poden anotarse no Rexistro Municipal ata o vindeiro mércores día 12, ata as 12.00 horas.
O Concello de Silleda está pendente de recibir a subvención para levar a cabo este proxecto. No caso da súa aprobación, elaborararanse as correspondentes bases para seleccionar aos participantes.