Silleda, 10 de xullo de 2015. O Concello de Silleda fletará autobuses para facilitar a asistencia á manifestación convocada pola Plataforma en Defensa do Sector Lácteo, que se celebrará o vindeiro venres día 17 en Santiago.
Os autobuses partirán dende o campo de fútbol de Outeiño de Silleda ás 10.45 horas e haberá tamén unha parada en Bandeira, xunto ao Centro Cultural Vista Alegre.
“Queremos facer un chamamento á sociedade silledense para dar o apoio necesario ao sector leiteiro, que no caso do noso municipio supón o gran piar da economía local. E ante esta grave crise todos temos que concienciarnos da importancia que ten, así como das consecuencias que pode acarrera a difícil situación que están a vivir os nosos gandeiros e gandeiras”, explica o alcalde, Manuel Cuiña.
A marcha partirá ás 11.00 horas dende Amio e continuará por San Caetano para rematar na praza da Quintana.