Silleda, 3 de setembro de 2013. O Concello de Silleda, a través dos departamentos de Emprego e de Mocidade, organizará un curso de Deseño de Páxinas Web, incluído dentro do programa Actívate 2013, da Deputación Provincial de Pontevedra.
O ciclo, de 40 horas de duración e de carácter gratuito, está dirixido a mozos e mozas de entre 16 e 35 anos, con residencia na provincia de Pontevedra. Como mínimo debe de haber 10 alumnos, e como máximo 25. As persoas interesadas xa poden anotarse ata o vindeiro 25 de setembro, realizando a súa solicitude a través dun modelo oficial que se facilitará na Oficina do Rexistro do Concello (pranta baixa da casa consistorial.
Os horarios e datas estabreceránse unha vez remate o prazo de inscrición. No caso de que o número de solicitantes superase o das prazas ofertadas, terase en conta, en primeiro lugar ás persoas desempregadas (seguido das activas) que non participasen na edición do programa Actívate do ano 2012.
Dende o Concello de Silleda apostase así este ano polas novas tecnoloxías nesta nova iniciativa de formación, un dos sectores que tamén está a ofrecer posibilidades para unha saída labroal ao colectivo dos máis novos, un dos máis castigados pola crise.
No ano 2012, o protagonista do Plan Actívate en Silleda foi o ciclo de Deseño, Planificación e Desenvolvemento de Actividades de Ocio.