Silleda, 1 de xuño de 2013. O Concello de Silleda, a través do departamento de Comunicación Social, pon en marcha unha nova iniciativa para informar aos cidadáns sobre distintos cuestións relacionadas coa Administración Local.
Este servizo, do que disponen outros municipios e adminsitracións, comezará a implantarse en vindeiras datas, sen custe para as persoas interesadas. Todos aqueles que desexen recibir información sobre cultura, turismo, educación, deportes, mocidade, servizos, formación… ou outros departamentos, deberán rellenar un formulario de suscrición e entregalo no Concello de Silleda.
Este formulario estará dispoñible a partir da vindeira semana nas dependencias municipais e tamén a través da páxina web. Ademais dos datos persoais, as persoas interesadas deberán facilitar no formulario-autorización o número do seu teléfono móbil e dende o Concello se lle remitirán vía SMS información relacionada cos departamentos que solicite a través deste servizo, que cumple coa normativa sobre Protección de Datos.
“Queremos que este servizo se convirta nun novo medio de información aos cidadáns que poderán recibir información de xeito inmediato e preciso sobre cuestións nas que estén interesados”, sinala a concelleira responsable do departamento de Comunicación Social, Margarita Campos.