O Concello de Silleda vén de abrir unha consulta popular entre a veciñanza para a remodelación da praza Juan Salgueiro, antiga praza da Feira Vella.
Con esta iniciativa os veciños e veciñas de Silleda poderán formular as súas propostas para reformar este emprazamento público da vila e dar a súa opinión. Os formularios on line poderan descargarse a través da paxina web, redes sociais ou códigos QR que se difundirán dende hoxe. Tamén se poderan obter os formularios en papel na Casa da Cultura, Casa da Xuventude e Casa do Concello.
Neste cuestionario, aberto ata o vindeiro 31 deste mes, formúlanse preguntas sobre os espazos que os veciños queren na praza, elementos coma os pavimentos, cuestións relativas ás sombras, e tamén ao tráfico no entorno. Así mesmo tamén hai un apartado aberto no que os usuarios poder realizar outras suxerencias.
“Consideramos que será unha boa medida para que os silledenses poidan participar no deseño deste emplazamento. Cremos que será máis operativo recoller as opinións así e unha vez que teñamos claro o que se vai a facer nesta remodelación integral presentar aos veciños e veciñas un anteproxecto”, indica o alcalde, Manuel Cuiña.
Hai varias semanas o rexedor anunciou a remodelación deste emprazamento así como a renovación dos elementos de xogo do parque, moi deteriorados a día de hoxe. “Vanse a renovar os columpios pero tamén queremos ter en conta a opinión dos veciños sobre outras cuestións para remodelar este espazo”.
Logo da renovación do parque da Igrexa e o da Bandeira, o da praza Juan Salgueiro será o seguinte en contar cun novo recinto, á vista do deterioro da zona de xogos no que xa se viñeron acometendo arranxos puntuais nos últimos anos.
“Somos conscientes de que este emplazamento, no centro do pobo, é moi utilizado por veciños e familias e consideramos que se debe de acometer unha remodelación da zona, ao igual que se fixo nos últimos anos con outros espazos públicos”, sinala o alcalde.
Así, Cuiña cita a remodelación do entorno da praza da Igrexa de Silleda, o parque municipal das Pedrosas ou a praza da Feira da Bandeira.
No ano 2011 esta praza pechouse ao tráfico e creáronse ademais pequeñas áreas axardinadas a fin de humanizar o entorno.
“Agora acometeremos un proxecto máis ambicioso para reformar este enclave renovando o parque e apostando por novos diseños, para o que agardamos contar cas aportacións dos usuarios desta praza”, explica o alcalde.
Para achegar as propostas débese de cubrir un formulario de Google que se atopa neste enlace https://goo.gl/9Twyk7.