Silleda, 23 de agosto de 2017. O campo de fútbol de Mularedos, en Lamela, acolle este domingo día 29 a cuarta edición do Torneo de Fútbol Solidario, organizado pola Fundación Amigos de Galicia en colaboración co Concello de Silleda.
A cita será ás 17:00 horas coa celebración do cuadrangular no que participan os 4 clubes de fútbol do municipio (S.D Silleda, S.D. Bandeira, C.F. Laro e C.F. Lamela). As entradas custan 3 euros e a recadación destinarase a axudar as familias con menos recursos.
O encontro estará dirixido polo ex arbitro internacional Raúl García de Loza, ao que acompañarán no trío arbitral outros dous recoñecidos colexiados: Pena Paz e Corredoira Rodríguez.
Ao evento acudirán ademais de directivos da Fundación, co seu presidente Miguel Villar, á cabeza, membros do goberno municipal de Silleda e da Diputación de Pontevedra. Así estarán presentes a concelleira de Benestar Social, Pilar Peón, e o responsable de Industria e Comercio, Benito Saavedra, así coma a deputada provincial de Cohesión Social Digna Rivas.
Xantar de confraternidade
Antes do torneo de Mularedos celebrase un xantar de confraternidade no restaurante Porta do Sol de Lamela, por un módico prezo. Todas aquelas persoas que desexen asistir poden xa anotarse. A cita será ás 14:00 horas, coa asistencia de todos os nomeados anteriormente.