– Ó ampliarse as horas de luz natural, o edificio estará aberto de martes a domingo ata as 19.00 horas, pechando a taquilla xa ás 18.30 horas
O mosteiro de Carboeiro modifica o seu horario de visita a partir da Semana Santa, coincidindo coa adaptación da hora ao horario de verán. Así o horario de apertura será de martes a domingo (os luns continuará pechado ao público) de 11.30 a 14.30 e de 16.00 a 19.00 horas.
A taquilla pechará pola tarde media hora antes, ás 18.30 horas. Este horario establecese en función das horas de luz natural, tal e como se vén facendo nos últimos anos.
Este horario de primavera aplicarase dende o próximo luns, 28 de marzo, e ata novo aviso do departamento municipal de turismo, que dirixe a concelleira Ana Luisa González Costa, aínda que o domingo 27 abrirase ó público co horario vello, (ás 11.00 da mañá), e cerrarase co novo, (ás 19.00 horas).
Novo horario na Casa de Xuventude
Tamén a casa da Xuventude, aínda que non modifica os seus horarios habituais, sí deixará de estar aberta ó público os luns a partires do día 28 e ata novo aviso.