Silleda, 3 de outubro de 2017. O programa Tecendo Lazos, posto en marcha polo departamento de Cohesión Social e Xuventude da Deputación de Pontevedra chega a Silleda este mes co obradoiro titulado “Fotografías para o recordó”. A actividade –dirixidas ao público a partir dos 10 anos de idade- entra dentro da área denominada “Rastrexos”. Haberá un módulo específico na que se desenvolverán actividades como a recompilación fotográfica patrimonial a través de saídas; observación e análise en grupos de traballo das fotografías recompiladas; posta en común de resultados, características e clasificación ou comparar , describir, e analizar as diferentes épocas históricas abarcadas nas fotografías obtidas.
Tamén se levará a cabo outro módulo transversal, titulado “A historia do meu concello”.
Entre os obxectivos xerais figuran abordar as fontes históricas, recuperando datos a partir da imaxe que relate a vida pasada con fotos, visitas, relatos orais ou escritos do concello e álbums fotográficos familiares. Buscase tamén, como obxectivos traballar con imaxes e elementos cotiáns a través do tempo, recompilar imaxes da localidade antigas e actuáis en casas particulares, da internet ou doutras fontes bibliográficas; observar e analizar as diferentes imaxes e fomentar a comunicación interxeracional.
Os obradoiros celebraránse durante varias xornadas de sábado, na Casa da Xuventude, en horario de mañá.
Para participar é preciso incribirse. O prazo está aberto ata o vindeiro 10 de outubro e as persoas interesadas poden recibir máis información e inscribirse na Casa da Cultura (pola mañá) ou na Casa da Xuventude (de martes a sábado en horario de 16:00 a 20:00 horas.
Tecendo Lazos ten por finalidade desenvolver obradoiros interxeracionais no ámbito do lecer e do tempo libre a través dos cales se pretenden poñer en marcha estratexias, oportunidades e formas de creación de espazos para o encontro, a sensibilización, a promoción do apoio social e o intercambio recíproco, intencionado, comprometido e voluntario de recursos, aprendizaxes, ideas e valores encamiñados a producir entre as distintas xeracións lazos afectivos, cambios e beneficios individuais, familiares e comunitarios, entre outros, que permitan a construción de sociedades máis xustas, integradas e solidarias.
A concelleira de Benestar Social e de Educación, Pilar Peón, anima aos veciños e veciñas a participar nesta iniciativa.