A Concellería de Educación, que dirixe Pilar Peón, informa de que aínda quedan prazas libres para o campamento de verán do Servizo Lúdico na localidade da Bandeira.
Dado que non se cubriron aínda as 25 matrículas necesarias para a realización deste servizo na localidade da Bandeira volven ofertarse prazas. As familias interesadas deberán presentar no Rexistro Municipal a solicitude (o formulario tamén se pode descargar da web municipa, pinchando no titular desta noval). O prazo estará aberto ata o vindeiro 2 de maio.
O prazo de reserva abriuse xa en agosto do pasado ano para as actividades de todo o curso, “pero xa que na Bandeira non contamos aínda cas matrículas suficientes para poder celebralo, informamos de novo ás familias interesadas para que poidan inscribir aos nenos e nenas”, explica a concelleira.
Coa inscrición hai que axuntar unha serie de documentación, (fotocopia do Libro de Familia, fotocopia da tarxeta sanitaria do/a menor, declaración da Renda 2016…), entre elas a autorización de domiciliación de recibos, cun formulario que tamén está dispoñible para os usuarios.
O servizo –para nenos e nenas de 3 a 12 anos- prestarase, en horario de mañá e tarde, dende o mes de xuño (ao día seguinte de rematar as clases) ata setembro (na víspera de inicio do novo curso escolar).