O Concello de Silleda, a través da Concellería de Participación Cidadá, que dirixe Pilar Peón, informa aos veciños e veciñas do municipio do programa Encontros na Emigración, para organizar unha viaxe grupal a Arxentina, con prezos máis económicos para as persoas interesadas.
Poden beneficiarse deste programa as persoas emigrantes retornadas da Arxentina que así o acrediten, ademais daquelas persoas residentes na provincia de Pontevedra que confirmen ter familiares de ata 3º grao de cosanguinidade residente no citado país.
O programa, promovido dende a Deputación, oferta 200 prazas e en caso de superarse as solicitudes terán prioridade as persoas preceptoras dalgunha prestación social e as de maior idade.
O prazo para presentar as solicitudes, segundo recollen as bases do programa publicadas o pasado venres día 21 no BOP de Pontevedra rematará o 14 de marzo (20 días naturais contados a partir do día seguinte á publicación).
Deben de presentarse segundo modelo que poderá atoparse na web municipal de Silleda –onde se colgarán tamén as bases do programa-, con distintos documentos (DNI, certificado de empadronamento en municipios da provincia e declaración xurada de ser emigrante retornado ou ter familiares de ata 3º grao de cosanguinidade residentes na Arxentina).
A viaxe terá unha duración de 9 días, con 7 noites de durmida en Bos Aires. As datas de saída serán os días 21, 22 e 23 de marzo, con regreso os días 29,30 e 31 do mesmo mes. Todos os voos se farán dende Peinador (Vigo) con escala en Baraxas (Madrid).
En canto ao custe da viaxe, o programa establece que o paquete completo con hospedaxe, en réxime de aloxamento e almorzó, o prezo é de 1.135 euros por persoa (IVE incluído). O paquete básico, sen aloxamento, ten un prezo de 880 euros por persoa.
“Trátase dun programa que busca o achegamento de persoas emigrantes retornadas coa familia e amigos residentes na Arxentina, e que tamén facilita o reencontro dos nosos veciños que teñen familiares no país, con prezos máis asequibles do habitual”, engade Pili Peón.

CONSULTE A CONTINUACIÓN AS BASES, EN PDF.
Os Formularios de solicitude poden obterse no seguinte enlace :