Proposta á cidadanía para elixir exemplos de arquitectura tradicional sostible, colaborando co COAG no Día Mundial da Arquitectura

Silleda, 5 de setembro de 2015. O Concello de Silleda vén de recibir a proposta do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) para participar nun proxecto de posta en valor da arquitectura tradicional con motivo do Día Mundial da Arquitectura, que se celebra no primeiro luns de outubro.

A delegación do COAG en Pontevedra propón a posta en valor da riqueza das construccións tradicionais, que no caso de Galicia, con multiples formas de asentamento poboacional, axudaron a conformar a nosa sociedade.

Cada concello pode participar neste traballo cun máximo de tres exemplos.

Muiños, lavadoiros, torres de alarma, pendellos, pozos, mercados… son algunhas das propostas que poden concorrer, con carácter público ou semipúblico e sempre de uso comunitario, exemplos tamén de sostibilidade, aproveitamento dos recursos, mellora das relacións sociais…

Todas aquelas persoas que desexen contribuir poden enviar as súas propostas (preferentemente acompañadas de unha imaxe) ao enderezo electrónico info@silleda.gal, ata o vindeiro luns día 14 de setembro.

Esta herdanza arquitectónica será promocionada dende o COAG a través de distintas canles, e con posterioridade tratarase de publicar tamén un mapa-guia das propostas seleccionadas para a mellor difusión e coñecemento do patrimonio da provincia.