Silleda, 21 de outubro de 2016. Os Concellos de Silleda e de Vila de Cruces informan da decisión de suspender o roteiro previsto para este domingo, dentro do programa Goza do Ulla, entre as parroquias de Cira e Gres. Esta decisión, que se está a comunicar ás persoas inscritas, adoptouse á vista das previsións meteorolóxicas para pasado mañá domingo, con fortes choivas e mesmo tormentas.
Dende os departamentos de turismo dos dous Concellos advirtese ademais das dificultades para celebrar, nestas condicións adversas, un roteiro con preto de 200 persoas anotadas.
A organización pide disculpas e advirte que se informará no caso de que o roteiro –o último deste ano do programa Goza Ulla-se organice noutra data.