Dende o luns día 1 de xullo están abertos ao público os dous recintos das piscinas municipais (en Silleda e A Bandeira). O horario será o mesmo que o do ano pasado: de 14.00 a 21.00 horas, de luns a venres e o sábado e domingo abrirán de forma continuada dende as 15.00 ás 21.00 horas. Pola semana, impartiranse cursos de natación en horario de 12.00 a 14.00 horas. As persoas interesadas en asistir aos cursiños poden anotarse a partir do luns nas propias instalacións.
O custe da entrada será de 1 euro, tal e como xa se recollía na ordenanza de instalacións deportivas aprobada en 2011 e abonarase no recinto.
Tamén están á venda no Concello (nas dependencias do Rexistro Xeral) os bonos para toda a tempada. O prezo será, para os residentes no municipio, de 20 euros, e de 16 euros para nenos ata os 16 anos. Para os non residentes, os bonos de adulto custan 35 euros e os de nenos 25 euros.
Así mesmo, as persoas que estén empadroadas no municipio de Silleda poderán mercar bonos familiares. Para os dous cónxuxes custarán 20 euros; se se inclúe un fillo este pagará 16 euros; se son dous fillos, 8 euros, e cun terceiro sairía gratuito para toda a familia.