Censo cultural Silleda Crea

O Concello de Silleda, a través do departamento de Cultura puxo en marcha no ano 2017 o programa Silleda Crea, un censo municipal de artistas culturais do municipio. Búscase fomentar a contratación de grupos e creadores silledenses por parte dos organizadores de distintos eventos.

Neste censo poderán inscribirse todos os artistas locais que teñan a súa residencia ou a sede do colectivo no termo municipal de Silleda.
As inscricións faranse dacordo á instancia establecida para este Programa, cuxo modelo poderá retirarse nas oficinas do Concello ou descargar na páxina web www.silleda.gal. Ademais deste anexo deberase aportar a documentación requerida. O expediente completo de inscrición debe presentarse no Rexistro Municipal do Concello de Silleda, en soporte físico.

O censo de Silleda Crea dividirase en tres grandes bloques segundo as distintas modalidades de creación. Así establecese un censo cultural musical, que incluirá Bandas de Música, grupos de baile e música tradicional, grupos musicais en xeral, solistas e cantautores, coros e masas coais, grupos de danza e baile moderno…
Outro dos apartados rexistrará aos artesáns e creadores/as. Neste bloque distintiguirase por un lado aos artesáns que dispoñan da chamada carta de artesán e os creadores locais, considerando aos artistas de diversa índole, (escritores, poetas, pintores ou outros relacionados coas traballos manuais que non dispoñan de carta de artesáns. O terceiro apartado será para artistas relacionados coas artes escénicas (grupos de teatro, actrices e actores, monicreques, grupos de animación infantil, clowns, humoristas…ou calquera outro relacionado con este apartado.

O programa será dinámico, aberto a novas inscricións ou modificacións nos datos dos creadores e grupos que se rexistren en Silleda Crea.