Hoxe, luns día 14 de marzo remata o prazo para solicitar as axudas municipais para a promoción de actividades culturais e axudas a entidades deportivas deste ano 2016.
En ámbolos dous casos as solicitudes de subvención deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello, xunto con toda a documentación requirida nas bases, durante un prazo de 20 días hábiles, contados a partir do día seguinte á publicación das convocatorias no Boletín Oficial da Provincia (BOP) de Pontevedra.
As bases das subvencións para a promoción de actividades culturais teñen por obxecto establecer os criterios e procedemento para a concesión de axudas, de acordo cos principios de obxectividade, igualdade, concorrencia e publicidade. Para estas axudas destinarase unha partida de 45.000 euros.
No caso das subvencións a entidades deportivas, a contía total que se destina ao reparto das axudas alcanza os 30.000 euros.
Nos dous casos as bases e os formularios para as solicitudes seguen dispoñibles na web municipal, www.silleda.gal