MAÑÁ ABRE O PRAZO PARA A SOLICITUDE DE SUBVENCIÓNS MUNICIPAIS PARA ACTIVIDADES CULTURAIS NO ANO 2016

O BOP de Pontevedra publica hoxe as bases reguladoras para a concesión das axudas municipais á promoción de actividades culturais. Segundo ditas bases, os colectivos e asociacións culturais terán un prazo de 20 días hábilespara formalizar a solicitude no Concello, contado a partir do día seguinte á publicación das bases. Deste xeito, o prazo para solicitar as axudas comezará mañá, día 20 de febreiro, e rematará o vindeiro 14 de marzo.

Os modelos de solicitude e outros formularios que deben de presentarse, poden solicitarse no Concello de Silleda e tamén descargarse dende esta mesma web.