Grazas a esta iniciativa, a veciñanza do municipio pode beneficiarse das vantaxes que ofrece LíñaVerde. Este servizo sirve como canle directa de comunicación dos desperfectos que se detecten no equipamiento urbano do municipio, incidencias no servizo da luz, limpeza viaria, servizo de aguas, ou recollida de lixo, entre outros
Tamén disporá dunha axenda cultural, información sobre puntos de interese, e outras prestacións
Silleda, 1 de febreiro de 2024.– Durante este mes de febreiro, o Concello de Silleda únese aos máis de 600 municipios que a nivel nacional dispoñen do servizo Liña Verde. A través desta canle de comunicación directa, os veciños e veciñas poden poñer en coñecemento do Concello as incidencias relacionadas cos servizos municipais.
Grazas a esta ferramenta de participación cidadá, o Concello pretende coñecer as necesidades do municipio e así, poder dar solución ás cuestións comunicadas. Este servizo sirve como canle directa de comunicación dos desperfectos que se detecten no equipamiento urbano do municipio, incidencias no servizo da luz, limpeza viaria, servizo de aguas, ou recollida de lixo, entre outros.
Para poder utilizar este novo servizo é necesario proceder á descarga da APP Liña Verde, unha aplicación totalmente gratuita. Para iso, a persoa usuaria debe accede a Google Play ou APP Store en función da tecnoloxía empregada no seu Smartphone (Android/iOS), aínda que tamén se facilitará cartelería e se poñerá un banner na web para poder descargala dun xeito sinxelo. A partir da descarga, a persoa usuaria selecciona o municipio sobre o que quere comunicar a incidencia. O procedemento é moi rápido e sinxelo.
Xeolocalización en tempo real
Para comunicar unha incidencia, basta con picar sobre o botón “Nova Incidencia”. Un despregable coas diferentes tipoloxías de incidencias aparece en pantalla. O usuario selecciona aquela sobre a que quere comunicar. De forma automática, a APP detecta as coordenadas exactas nas que se sitúa o dano. O seguinte paso é achegar unha foto da incidencia e observación sobre a mesma. Xa só queda dar ao botón de enviar. Unha vez enviada, o persoal do Concello recibe notificación . A partir deste intre, inícianse os trámites para dar solución á incidencia detectada.
O cidadán á súa vez, recibe notificación no seu teléfono móbil sempre que se produza un cambio no estado da mesma.
Ademais da xeolocalización das incidencias e o seu traslado en tempo real, esta aplicación ofrece vantaxes a nivel interno á hora de elaborar informes e coñecer o nivel de eficiencia dos servizos.
Comunicados, información municipal e axenda cultural
Outra das posibilidades que ofrece esta ferramenta é o envío de comunicacións informativas por parte do Concello á cidadanía que así o desexe. Desta forma, a veciñanza estará informada en tempo real sobre distintas cuestión de interese . Tamén poden consultar os principais puntos de interese que se localicen no municipio e información relevante sobre o mesmo, así como a axenda cultural do municipio.
O Concello de Silleda anima á veciñanza a empregar este servizo, no que a participación dos veciños e veciñas é clave mellorar os servizos municipais e detectar calquera incidencia.