A oficina municipal de información xuvenil de Silleda, situada na Casa da Xuventude, informa e asesora sobre a oferta de campamentos de verán da Xunta, dirixidos a mozos/as de 9 a 17 anos. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a semana pasado a orde de convocatoria para solicitar ditas prazas nun total de 19 albergues e campamentos de toda Galicia.
As personas interesadas poden informarse na Casa da Xuventude de Silleda, onde tamén se asesora á hora de realizar as solicitudes, que preferentemente se farán vía telemática. O prazo de solicitudes remata o vindeiro día 10. O sorteo das prazas farase ante notario. As actividades terán lugar nos meses de xullo en agosto en distintos recintos galegos.
Na Coruña as instalacións dispoñibles serán as dos albergues xuvenís de Marina Española e Gandarío en Bergondo; e os campamentos de Furelos, en Melide; de Virxe de Loreto, en Porto do Son; e de Espiñeira en Boiro.
No caso de Lugo, os campamentos terán lugar na Residencia Xuvenil LUG II da capital; nos albergues xuvenís de Area, en Viveiro, e de Benigno Quiroga en Portomarín; así como nos campamentos de A Devesa en Ribadeo, no de Os Chacotes en Palas de Rei, e no Poboado Os Peares.
En canto a Ourense, a campaña de verán desenvolverase no complexo O Corgo en Muíños; no centro de educación ambiental Equal en Coles; no albergue Vilar de Ordelles en Escos; na estación de montaña de Manzaneda; e na residencia Xuvenil Florentino López Cuevillas, na capital da provincia.
Xa por último, en Pontevedra haberá actividades no albergue xuvenil das Sinas, en Vilanova de Arousa; e nos campamentos de Pontemaril, en Forcarei; e na Illa de Ons.
Para maiores de 18
Así mesmo, na OMIX de Silleda tamén se informa da oferta de campos de traballos noutras comunidades autónomas, e actividades para maiores de 18 anos, incluídas na citada orde autonómica.