PROGRAMA XUVENIL EUROPEO: YOUTH IN ACTION
Acción 1.1. People of the sea
Intercambio con 15+1 chipriotas con 15+1 galegos/as onde convivirán durante 8 días nas instalacións da Cidade Príncipe Felipe de Pontevedra.
O elemento común de ambos países é o mar, e dende ese punto de vista realizaremos as actividades. As principais actividades so a búsqueda e solución de desemprego, os problemas ambientais das rías e ríos "environment", a música (djembé), así como compartir experiencias e tradicións de cada país. Así deberán convivir tendo como lingua vehicular o inglés, xunto con 2 titores, un de Chipre e outro de Galicia.
- Dimensión de aprendizaxe: a mocidade participante aprenderá sobre desemprego, reciclaxe e música.
- Dimensión intercultural: a mocidade participante aprenderá de ambas culturas.
- Dimensión europea: reflexionaremos sobre o concepto de cidadanía europea onde todas as persoas compartimos oportunidades e responsabilidades para facer que Europa sexa un lugar mejor
Datas: do 10 ao 18 de febreiro de 2013
Lugar: Cidade Príncipe Felipe
Destinatarios/as: mozos e mozas de 17 ata 30 anos.
Prazas: 15
Duración: 8 días.
Cota de Inscrición: 20 € (inclúe 8 días de aloxamento + pensión completa)
Pre-inscrición presencial ata o 25 de xaneiro.
Información e Inscricións: Oficina de Xuventude do Concello de Pontevedra. Casa Azul r/ Sor Lucia 2-3º. tel. 986 84 03 67 ou 652 809 080 xuventude@pontevedra.eu